Milicias Populares Galegas
Milicias Populares Galegas | |
---|---|
Tipo | milicia |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |

As Milicias Populares Galegas foron un batallón republicano formado por voluntarios de Galicia, creadas en 1936 por Santiago Álvarez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Tiveron certa relevancia na defensa de Madrid.[1] Saíron á fronte de Talavera de la Reina a parar o exército franquista que virara cara a Toledo.[2] Debido á falta de material rematarían fusionándose co V Rexemento. A súa orixe atópase no 18 de xullo de 1936. Estando Castelao en Madrid negociando a aprobación do Estatuto de Galicia nas Cortes Republicanas foi sorprendido pola rebelión de Franco e os seus; mentres algúns membros da comisión galeguista regresaron á casa (sendo capturados e fusilados), outros como Ramón Suárez Picallo, Castelao e algúns máis permaneceron na capital á espera de resultados. Co decorrer do tempo e vendo que Galicia caera nas mans fascistas e se formaban as Columnas galegas, estes políticos tiveron a idea de formar unhas milicias galegas para defender o bo nome dos galegos como demócratas[Cómpre referencia]; para iso, foron aos arredores de Madrid, onde conseguiron que varios labregos da sega se uniran a eles[Cómpre referencia]. Editaron o periódico El Miliciano Gallego.
Organización
[editar | editar a fonte]
O presidente das Milicias foi Ramón Suárez Picallo, con Juan José Pla de secretario xeral, aínda que o secretario efectivo foi Agapito García Atadell. O xefe de milicias foi o capitán Manuel López Iglesias.[3] O resto do comité directivo foron Castelao, o xeneral Cecilio Bedia Caballería e Pedro Penabad Rodríguez.[4] Entre os seus dirixentes figurou Enrique Peinador Porrúa.
As Milicias tiveron seu cuartel na rúa Juan Montalvo, 28 e a oficina de recrutamento en Gran Vía, 12.
Efectivos
[editar | editar a fonte]As Milicias formáronse con 824 voluntarios galegos e galegas,[1] como a enfermeira Marciana Pimentel,[5] a oficial Esperanza Rodríguez Gómez[6] ou Paulina Rodríguez.[7][8] Porén, só contaban con 500 fusís, polo que en agosto de 1936 as Milicias se integraron dentro do 4º Batallón da 1ª Brigada da XI División do V Rexemento do Exército Popular da República.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Máiz Vázquez, Bernardo (2005). "Milicias galegas". Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Xoán Carlos Garrido "Milicianos (e milicianas)" Arquivado 11 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Terra e Tempo, 18/7/2015.
- ↑ Manuel López Iglesias era un profesional do exército xubilado co grao de capitán, casado cunha galega e que despois de estar destinado na Coruña traballaba como conserxe dun hotel en Madrid.
- ↑ "La gran labor de García Atadell al frente de las Milicias Populares de Investigación". Crónica (en castelán) (357): 11. 13/9/1936.
- ↑ Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 349.
- ↑ Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 388.
- ↑ Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. p. 382.
- ↑ Marco, Aurora. "As mulleres nas primeiras décadas do século XX"[Ligazón morta] Álbum de Mulleres, CCG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Milicias Galegas". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez, Santiago (1989). Las milicias populares gallegas: un símbolo de la Galicia antifranquista. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-460-X.
- Máiz Vázquez, Bernardo (2005). "Milicias galegas". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cilia Torna Ferreiro. "As Milicias Galegas" Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Sermos Galiza, 4/8/2017.