Enrique Peinador Porrúa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1902 México |
Morte | 27 de abril de 1940 (38 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Pai | Enrique Peinador |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Enrique Peinador (homónimos).
Enrique Peinador Porrúa, nado en México o 4 de abril de 1902 e finado en Madrid o 27 de abril de 1940, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Enrique Peinador Lines. Avogado laboralista, fiscal, secretario da Academia de Jurisprudencia y Legislación. Foi secretario do Lar Gallego de Madrid. Colaborou en Galicia en Madrid. Militou en Izquierda Republicana. En 1935 editou o periódico ¡Amnistía! para defender aos procesados polos sucesos de outubro de 1934. Durante a guerra civil foi dirixente das Milicias Populares Galegas. Despois da guerra foi xulgado e executado o 27 de abril de 1940 no cemiterio do leste de Madrid.