Galicia en Madrid (1932)
Galicia en Madrid | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Circulación | |
ISSN | 2172-6574 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia en Madrid foi unha revista editada en Madrid entre 1932 e 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano de Lar Gallego. Revista mensual, apareceu en xaneiro de 1932. Dirixida por José Manuel Poyán, Manuel Castro Gil era o director artístico, José Vidal Lois o subdirector literario e José Díaz Andión o redactor xefe. Entre os seus colaboradores figuraron Victoriano García Martí, Marisa Villardefrancos, Manuel Blanco Otero, Enrique Peinador Porrúa, Gerardo Bugallo Barreiro, Manuel Fontán Medina e Juan Rof Codina; Miguel Bendamio era o correspondente en Cuba.
Se propone la exaltación de los valores sociales, la difusión de las imponderables bellezas de nuestra amada tierra, la compenetración y el mutuo apoyo de los gallegos residentes en la capital de España
Nunha primeira época estivo centrada na actualidade con misceláneas e recensións da vida social. A partir de 1933 incorporou textos poéticos de Aurelio Ribalta, Valentín Lamas Carvajal, Avelino Rodríguez Elías, Ramón Cabanillas e Juan López Medina; as seccións "Adiviñanzas" e "Sabiduría popular", feitas por Noriega Varela; biobibliografías de persoeiros galegos; e a reprodución dun vocabulario tirado do Diccionario castellano-gallego, de Vicente Llópiz Méndez. Cesou a súa publicación en abril de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia en Madrid". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 52–53. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 225-226. ISBN 84-8288-137-X.