Saltar ao contido

Alfredo Kindelán y Duany

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Kindelán y Duany

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1879 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Capitán general de la Cuarta Región Militar (en) Traducir
5 de maio de 1941 – 2 de marzo de 1943
← Luis Orgaz YoldiJosé Moscardó Ituarte →
Capitán Xeneral das Illas Baleares
18 de agosto de 1939 – 5 de maio de 1941
← Miguel Ponte (en) TraducirJuan Bautista Sánchez González (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, aviador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1899 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España e España franquista Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército do Aire e do Espazo de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarquess of Kindelán (en) Traducir (1961–) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1114124

Alfredo Kindelán y Duany, nado en Santiago de Cuba o 13 de marzo de 1879 e finado en Madrid o 14 de decembro de 1962, foi un militar español. Durante os primeiros anos da súa carreira dedicouse á introdución da aeronáutica no exército español.

Participou na Guerra do Rif como xefe de escuadra e na Guerra civil española como xefe da aviación militar do exército franquista.

Entre 1942 e 1947, participou nun complot para substituír a Franco por Juan de Borbón, que fracasou. Por iso foi detido na súa casa e non foi posto en liberdade até anos despois. En 1961 foi nomeado marqués de Kindelán, e ao ano seguinte, o 5 de abril de 1962, morrería en Madrid.[1] En 1988 o Ministerio de Defensa de España creou a Cátedra Alfredo Kindelán,[2] retirada en 2017 grazas a unha proposición non de lei de ERC; a mesma afirmaba sobre Kindelán "Unha das súas novidades foi a xeneralización dos bombardeos masivos contra obxectivos civís e poboacións, polo que España converteuse nun laboratorio militar que o fascismo europeo utilizou como campo de probas".[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O xeneral Alfredo Kindelán y Duany (esquerda) e o maior Joaquín García-Morato y Castaño (dereita), condecorados coa Cruz de San Fernando durante a Guerra civil española.

Fillo de Ultano Kindelán e Manuela Duany. A súa familia procedía de Irlanda, como Jean de Kindelan,[4] e tiña tradición militar. Con 14 anos, e pola morte do seu pai cando tiña 13, ingresou no corpo de enxeñeiros.

En 1899 foi nomeado tenente e pronto se interesou pola aeronáutica. En 1901 obtén o título de piloto de globo aerostático polo Servizo Aeronáutico Militar de Guadalaxara e en 1905 asiste á Primeira Conferencia da Federación Aeronáutica Internacional como representante español. Xunto con Leonardo Torres Quevedo, desenvolveron un prototipo de dirixible semirríxido en 1906.[5] Posteriormente encargou ao artista valenciano Ricard Causarás i Casaña o deseño dun monoplano triangular, un ala-delta ríxido, que patentaría en 1909.

En 1911, obtivo o primeiro título de piloto militar de España. En 1913 estalou a Guerra do Rif, onde Kindelán dirixiu a primeira escuadra que realizou un bombardeo aéreo.[1]

En 1922 foi nomeado xefe das forzas aéreas na África española e quedaría gravemente ferido. Unha vez recuperado, dirixiu o escuadrón expedicionario no desembarco de Alhucemas en 1925. Durante a década dos 20 tamén colaborou no desenvolvemento da aviación civil.

A súa carreira veríase truncada temporalmente en 1931, coa vitoria da República. Kindelán era un fervente monárquico e exiliouse. En 1934 volveu a España e axudou a orquestrar o golpe de Estado.

Durante a Guerra civil, Kindelán dirixiu a aviación do bando sublevado.[5] Kindelán foi o responsable dos bombardeos de varias cidades baixo control republicano, como Barcelona, Lleida etc.

Despois da guerra, de 1941 a 1942 foi capitán xeral de Cataluña. Posteriormente participou nunha tentativa de golpe de estado contra o dictador Franco, pretendendo substituílo por Juan de Borbón. Esta conspiración fracasou e Franco tívoo en arresto domiciliario durante anos. Máis tarde foi liberado grazas ás negociacións do Vaticano e á presión internacional. En 1961 recibiu o título de Marqués de Kindelán e morreu ao ano seguinte.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Alfredo Kindelán y Duany". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.  (en catalán)
  2. Ara (2013-11-16). "Defensa homenatja un alt comandament franquista". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2023-03-06. 
  3. "Congreso aprueba quitar honores a Alfredo Kindelán y el nombre de su cátedra". La Vanguardia (en castelán). 2017-06-27. Consultado o 2023-03-06. 
  4. Godchot, Simon (1924). En Danemark: les espagnols du marquis de la Romana. París: A. Picard. p. 504. 
  5. 5,0 5,1 "Doc". ejercitodelaire.mde.es. 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 06 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]