Saltar ao contido

Alice Finot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlice Finot

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Montbéliard, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva3000 metros (pt) Traducir
3000 metros obstáculos
1500 metros
Medio maratón Editar o valor en Wikidata
Participou en
marzo de 2021Campeonato Europeu de Atletismo em Pista Coberta de 2021 (pt) Traducir3000 metros (pt) Traducir  (medalla de prata) Editar o valor en Wikidata

Páxina webalice-finot.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: AliceFinotathletic Instagram: alicefinot LinkedIn: alice-finot-590013a7 IAAF: 14758606 Editar o valor en Wikidata

Alice Finot, nada en Montbéliard o 9 de febreiro de 1991, é unha atleta francesa fincada en Galicia. Especializada en carreiras de medio fondo, foi campioa de Europa nos 3000 metros obstáculos en 2024 e subcampioa de Europa en pista cuberta nos 3000 metros en 2021.

É a actual posuidora do récord europeo dos 3000 metros obstáculos, cun tempo de 8:58:67, marca que acadou nos Xogos Olímpicos de 2024, onde acabou cuarta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debut xuvenil (2004-2008)

[editar | editar a fonte]

Iniciouse no atletismo en 2004, participando en probas de campo a través da UNSS, e gañou varios certames a nivel departamental e rexional. Máis tarde ingresou no Haut-Saônois Athletic Group, club no que tivo como adestradora a Nora Leksir-Genebrier. En 2008 deixou temporalmente a competición para centrarse nos seus estudos de enxeñería.[1]

Categoría absoluta

[editar | editar a fonte]

Volveu ao atletismo en 2015 na Union sportive Nemours-Saint-Pierre Athlétisme, co obxectivo de retomar gradualmente a competición nos 1.500 m, 3.000 m e 10 km en ruta.

En 2016 instalouse no concello galego de Ponteareas, despois de iniciar unha relación sentimental co vigués Bruno Martínez Bargiela, ao que coñecera nunha viaxe a Taiwán.[2] Ingresou no equipo de atletismo do Celta de Vigo e centrou a súa preparación nas carreiras de estrada.[3] Despois dun tempo decidiu co seu adestrador centrar a súa preparación en distancias máis curtas, desde os 1500 metros ata os 3.000 metros obstáculos .

En xullo de 2018 participou por primeira vez nos campionatos de Francia absolutos, celebrados en Albi, e gañou a medalla de bronce nos 1500 m. Repetiu bronce nos campionatos de pista cuberta pero unha lesión ao final do inverno impediulle disputar a tempada estival.

Na tempada 2019/20 clasificouse para os campionatos mundiais de medio maratón, que finalmente se cancelaron debido á pandemia de COVID-19. Con todo, gañou a medalla de prata nos Campionatos de Francia en Pista Cuberta en Liévin, na proba de 3000 metros e uns meses despois proclamouse en Albi campioa de Francia por primeira vez, nos 3000 metros obstáculos.

Subcampioa de Europa en pista cuberta (2021)

[editar | editar a fonte]

A tempada 2020/21 foi a da súa confirmación como atleta de elite. O 19 de febreiro de 2021 coroouse campioa de Francia en pista cuberta en Miramas, gañando a proba de 3000 m, cun tempo de 9:12.33. Esta vitoria abriulle as portas da selección francesa e ao mes seguinte en Toruń proclamouse subcampioa de Europa dos 3000 metros, por detrás da británica Amy-Eloise Markovc.

Récords de Francia nos 3000 m obstáculos (2022-2024)

[editar | editar a fonte]

O 25 de maio de 2022 bateu en Huelva o récord francés de 3000 m obstáculos, cun tempo de 9:21.41,[4] rebaixando en máis de catro segundos a marca que ostentaba dende 2009 Sophie Duarte. Volveu rebaixar en varias ocasións esa marca, ao tempo que se proclamaba en Caen campioa de Francia ao aire libre por segunda vez e que se metía na final do Campionato do Mundo celebrado en Eugene.[5]

No Mundial de Budapest de 2023 conseguiu a quinta praza na final, batendo de novo o récord de Francia.[6]

Campioa de Europa dos 3.000 metros obstáculos (2024)

[editar | editar a fonte]

En 2024 proclamouse campioa de Europa dos 3000 obstáculos en Roma, por diante da alemá Gesa Krause, dobre campioa de Europa da disciplina.[7]

Xogos Olímpicos de 2024 e récord europeo

[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 2024 e acabou cuarta na final dos 3000 metros obstáculos, cun tempo de 8:58.67, superando o récord europeo que dende 2008 estaba en mans da rusa Gulnara Samitova-Galkina.[8] Tralo remate da proba pediulle matrimonio diante das cámaras de televisión ao seu mozo Bruno.[9]

Última volta de Alice Finot durante a final dos 3000 metros obstáculos nos Xogos Olímpicos de 2024.
  1. "Athlétisme. Alice Finot est passée de l’autre côté du miroir…" (en francés). 9 de marzo de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  2. "Alice Finot: "En Vigo se puede crecer y convertirse en una buena atleta"" (en castelán). 23 de maio de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  3. "Alice Finot : « Ma sélection en équipe de France, j’ai envie d’en profiter au maximum ! »" (en francés). 3 de marzo de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  4. "Alice Finot bat le record de France du 3 000 m steeple à Huelva" (en francés). 25 de maio de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  5. "Alice Finot se qualifie pour la finale des Mondiaux en battant son record de France du 3000m steeple" (en francés). 16 de xullo de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  6. "Alice Finot cinquième du 3 000 m steeple des Mondiaux avec un nouveau record de France" (en francés). 27 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  7. "Décision confirmée pour Alice Finot, sacrée championne d'Europe du 3 000 m steeple" (en francés). 9 de xuño de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  8. "Alice Finot 4e du 3 000 m steeple avec un nouveau record d'Europe" (en francés). 6 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  9. "Alice Finot pide matrimonio a su pareja tras batir el récord de Europa de 3.000 obstáculos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.