Alternativa Nacionalista Canaria
Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) | |
---|---|
Partido político das Canarias | |
Historia | |
Fundación | 2006 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo Independentismo Socialismo Ecoloxismo Feminismo Anticolonialismo |
Posición política | Esquerda |
Outros datos | |
Sede | C/ Calvario 84, 2ºI (La Orotava, Tenerife) |
Na rede | |
www.alternativanacionalistacanaria.org | |
Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) é un partido da esquerda nacionalista canario fundado en 2006.
Obxectivos
[editar | editar a fonte]ANC ten como obxectivo a independencia das Illas Canarias e a construción dunha orde económica e social que consideran máis xusta e equitativa, baseada na teoría socialista. Tamén apostan pola sostibilidade ambiental, as enerxías renovables, o feminismo e a ampliación dos dereitos sociais e individuais.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O partido formouse en 2006 por militantes de Alternativa Popular Canaria contrarios á súa integración en Alternativa Sí Se Puede. Comezaron presentando candidaturas para as eleccións autonómicas, insulares e municipais de 2007. Nas autonómicas e insulares lograron 2.500 votos, mentres que nas municipais conseguiron só 1.100 votos, presentándose en moitos sitios con agrupacións locais, e fixéronse con catro concelleiras. En 2008 obtiveron apenas un milleiro votos nas eleccións xerais.[2]
En 2011, en cambio, o partido experimentou un certo crecemento. Nas eleccións autonómicas do mesmo ano superaron os 6.400 votos en todo o arquipélago, e tamén rozaron os 7.000 votos nas eleccións a cabidos, presentándose en case todas as illas. Tamén melloraron os resultados nas municipais, subindo a 5.000 votos, pero sen lograr concelleiro ningún. Nas eleccións xerais quedaron en 3.100 votos, tamén duplicando os seus resultados.
En 2014 deciden presentarse ás eleccións ao Parlamento Europeo dentro da coalición Os Pobos Deciden, formada por organizacións de esquerda nacionalista de toda España, entre as cales se atopaban Euskal Herria Bildu e o Bloque Nacionalista Galego (BNG).[3]
Alternativa Nacionalista Canaria non se presentou ás eleccións xerais de España de 2015, recomendando aos seus votantes que fosen votar pero suxerindo que votasen grupos afíns á ideoloxía do partido.
Organización
[editar | editar a fonte]ANC organízase nunha asemblea nacional, que é o máximo órgano de dirección do partido. Subordinados a este atópase a executiva nacional, órgano de traballo permanente encargado de áreas concretas, as asembleas insulares e os comités locais.
O partido está organizado principalmente na illa de Tenerife, pero tamén conta cunha presenza importante na illa de Gran Canaria, así como con comités locais en Arrecife e Puerto del Rosario, capitais respectivas das illas de Lanzarote e Forteventura.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións ao Congreso
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Escanos |
---|---|---|---|
2008 | 1.017 | 0,0 | 0 |
2011 | 3.172[4] | 0,1 | 0 |
Eleccións ao Senado
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Escanos |
---|---|---|---|
2008 | 4.988 | 0 |
Eleccións autonómicas
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Escanos |
---|---|---|---|
2007 | 2.539[5] | 0,28 | 0 |
2011 | 6.494[6] | 0,74 | 0 |
2015 | 5.635 | 0,60 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Principios ideolóxicos de ANC Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ "Resultados das eleccións ao Congreso de 2008 en Canarias". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ ‘Los pueblos deciden’, nombre de la coalición de EH Bildu y BNG, El País, 16 de marzo de 2014. [En castelán]
- ↑ Resultados das eleccións xerais 2011 en Canarias
- ↑ "Resultados das eleccións autonómicas 2007 en Canarias". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ Resultados das eleccións autonómicas 2011 en Canarias