Saltar ao contido

Amédée Louis Michel Lepeletier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmédée Louis Michel Lepeletier
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1770
París
Morte23 de agosto de 1845
Saint-Germain-en-Laye, Yvelines
Presidente Société entomologique de France (pt) Traducir

← Jean Guillaume Audinet-ServilleJean Victor Audouin (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónentomólogo, zoólogo e enciclopedista
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLe Pelet. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLepeletier Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaLe Peletier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisMichel Etienne Le Peletier de Saint-Fargeau Editar o valor en Wikidata  e Louise Suzanne Le Peletier de Beaupré Editar o valor en Wikidata
IrmánsLouis-Michel Lepeletier de Saint-Fargeau
Félix Lepeletier Editar o valor en Wikidata


Amédée Louis Michel Lepeletier, tamén coñecido como Amédée Louis Michel Lepeletier, conde de Saint-Fargeau e Amédée Louis Michel Lepeletier de San Fargeau, e ás veces grafado Amédée Louis Michel Le Peletier, nado en París o 9 de outubro de 1770, e finado en Saint-Germain-en-Laye (Yvelines) o 23 de agosto de 1845, foi un naturalista e zoólogo francés especializado en entomoloxía (especielmente en himenópteros), e un colaborador da Encyclopédie.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo do barón de Péreuse, primeiro presidente do Parlamento de París (institución francesa do Antigo Réxime). O seu irmán máis vello, Louis-Michel Lepeletier, formou parte dos Estados Xerais, e pasou das filas da nobreza ás do terceiro estado e, despois de votar a morte do rei, morreu asasinado. O seu outro irmán, Félix, participou na política tras este suceso. Pero Amédée non seguiu estes exemplos e preferiu dedicarse enteiramente á entomoloxía.

Foi o autor da Histoire naturelle des insectes hyménoptères que apareceu nas Suites à Buffon, cuxo derradeiro volume sería completado por Gaspard Auguste Brullé. Este foi o primeiro estudo xeral deste tipo de insectos ten unha extensión de 2 500 páxinas. Con Jean Guillaume Audinet-Serville asinou os artigos dedicados aos insectos na Encyclopédie.

Lepetelier foi membro fundador da Société entomologique de France, a máis antiga deste tipo no mundo, da que foi o seu arquiveiro en 1832 e o seu presidente o ano seguinte, sucedendo a Audinet-Serville.

Tamén foi membro de varias sociedades científicas, incluíndo a Société linnéenne de París, a Academia de Dijon, a Sociedade de Historia Natural de París, a Sociedade de Historia Natural de Moscova e a Sociedade de Historia Natural de Versalles.[1]

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • Histoire naturelle des insectes. Hyménoptères, París, Nicolas Roret, 1836-1846.

Textos completos en liña:

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Le Pelet. emprégase pare recoñecer a Amédée Louis Michel Lepeletier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]
  • A abreviatura Lepeletier emprégase pare recoñecer a Amédée Louis Michel Lepeletier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. Amédée Lepeletier de Saint-Fargeau (1836-1846). "Histoire naturelle des insectes hyménoptères" 1 (París: Nicolas Roret ed.).  (Ler en liña)
  2. Le Peletier de Saint-Fargeau, Amédée Louis Michel (1770-1845) no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]