Amauta Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() Barakaldo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Rafael Xoán Muñoz Castro, que usa o pseudónimo literario de Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Barakaldo, residiu en Vigo durante a maior parte de infancia e adolescencia e máis tarde en Santiago de Compostela. Residente en Xirona desde 2004. Colaborou en Dorna, Andar21, Olláparo e Ligeia.[1] Ten colaborado co suplemento ”Altermundo” de Galicia Hoxe e nunha edición monográfica sobre o político, pensador e editor galego Ánxel Casal. En solitario, publicou o seu primeiro libro de poemas “Nos muros do mundo” en 2012. Levou a súa voz a diversos festivais e accións poéticas coma o X Festival de Poesia a les Caves (Sant Sadurní d’Anoia, 2017) o “Proxecto Catalizador 2013”, dentro da Semana de Poesia de Barcelona de 2013. No eido da tradución, trasladou a lingua galega o texto poético “Mar da Morte” do poeta catalán Santi Borrell.[2]
Obra publicada
[editar | editar a fonte]- Nos muros do mundo (2012). Edizer.
- A Tarde. O Desacougo (2019), Espiral Maior.
- Leixaprén (2020). Bos Aires. Poetry.
- Constante hora de boca e precipicio (2020). Urutau.
- Poesía (modelo para romper) (2021). Saurobuks.
- Intraordinario II (2021). Urutau.
- Maldito (2022). Malafera.
- Árbores de inverno (2024). Saurobuks. Ilustracións de Pablo Orza.[3]
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Antoloxía Poética da diáspora Galega (2007). Asociación Cutural Fillos de Galicia coa axuda da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
- Ánxel Casal: editor e intelectual galeguista (publicado pola biblioteca pública Ánxel Casal, de Compostela)[4]
- O poliedro da soidade (2018). Andavira Editora, promovido polo Centro de Estudos Galegos do Departamento de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid.
- Poesia a les Caves (2018). Regidoria de Cultura, Ajuntament de Sant Sadurní d’Anoia. Libro colectivo e conmemorativo que recolle poemas dos autores que participaron nas diversas edicións do Festival de Poesia a les Caves e que inclúe poetas coma Lluís Calvo, José Corredor-Matheos ou Pura Salceda.
Tradutor
[editar | editar a fonte]- Mar da Morte, de Santi Borrell (2017). Edicións de Pedra, en edición bilingüe.
Premios
[editar | editar a fonte]- 3º premio Rosalía de Castro en 2006 por Mar (poema sen título), convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
- 1º Premio no Certame San Xurxo (2007) por Palabras de Amauta, convocado polo Centro Galego de Barcelona.
- 2º Premio Rosalía de Castro en 2011 por Setembro, convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
- 1º premio Certame Rosalía de Castro en 2017 por "Da pel sae o escuro", convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
- 2º premio Concello de Ames en 2018 na modalidade de poesía por "Este corpo momentáneo"
- Premio de poesía Pérez Parallé 2018.
- 2º premio no VII Certame de poesía Torre de Caldaloba 2024 por A vasteza do nó.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Amauta Castro". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ ""Árbores de inverno" de Amauta Castro e Pablo Orza". Saurobuks. Consultado o 2024-05-04.
- ↑ asociacionescritoras-es (2024-04-24). "Ourense: presentación de Árbores de inverno, de Amauta Castro, o 27 de abril Axenda cultural AELG". Consultado o 2024-05-04.
- ↑ "Ánxel Casal. Editor e intelectual galeguista.". calameo.com. Consultado o 2024-05-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Palabras de Amauta, o blog do autor.
- Entrevista en Galicia Hoxe Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- "Amauta Castro presenta libro en Vigo" en Sermos Galiza. Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista no blog Sempre en Galiza (25/11/2017)