Amoexa, Antas de Ulla
Amoexa | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Santiago de Amoexa. | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′46″N 7°50′54″O / 42.746, -7.8482 |
Poboación | 71 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Amoexa é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), 23 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Amoexa, tamén pronunciado Amonxa, é un hidrónimo con base na raíz indoeuropea *am-.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada ao sur do concello. Ten medianas explotacións leiteiras e como importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo de castiñeiros novos.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santiago de Amoexa data de finais do século XII.[3] Ten unha nave rectangular e ábsida semicircular. Presenta canzorros laterais con motivos xeométricos. Ao carón da nave principal ten un amplo cuberto soportado por tres piares de cantería asentados nun baixo valado. Na ábsida sobresae a fiestra en arco de medio punto, con arquivolta que descansa nun par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados.
Festas
[editar | editar a fonte]Celebra as festas patronais dedicadas á Virxe do Rosario.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fiestra absidal.
-
Ábsida.
-
Castro do Outeiro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Amoexa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Amoexa no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Amoexa | Caira | Casilmoure | Outeiro de Amoexa | Pereiras | Ribó |
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 21-22. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ Igrexa de Amoexa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.