Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla
Aparencia
Santo Estevo do Castro de Amarante | |
---|---|
![]() Castelo e pazo de Amarante. | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′37″N 7°55′06″O / 42.77698107, -7.91840958 |
Poboación | 88 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo do Castro de Amarante é unha parroquia do concello lugués de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2013 tiña 104 habitantes (53 mulleres e 51 homes), 39 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Santo Estevo do Castro de Amarante ten tres elementos: Santo Estevo é un haxiónimo referido a Estevo, mártir; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo Amaranti), relacionado coa herba do amaranto.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar está a Fortaleza de Castro de Amarante.
Festas
[editar | editar a fonte]Celébranse festividades na honra de san Francisco, san Bartolomeu e santo Estevo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Santo Estevo do Castro de Amarante.
-
Blasón no castelo de Amarante
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santo Estevo do Castro de Amarante
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Amarante | O Castro | Chacín | Rececendes |
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]