Andrés Valín Salvador
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1899 (125 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Andrés Valín Salvador, nado en Lugo o 13 de marzo de 1899,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrado a Cataluña, na República foi elixido vogal da directiva do Centro Cultural Gallego de Barcelona en 1932;[2] foi membro do Grupo Galeguista de Barcelona e en xuño de 1936 foi tesoureiro do Comité Gallego Pro Autonomía.[3] Durante a guerra traballou no Servizo de Información Especial Periférico (SIEP) ás ordes do coronel Manuel Estrada Manchón. Foi xefe da Sección de Evadidos Galegos da Subsecretaría de Propaganda da Generalitat. Ao rematar a guerra abandonou Barcelona e pasou a Francia. Foi internado no campo de concentración de Barcarès. Exiliouse en México, viaxou no Ipanema e chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. En México foi o administrador da revista Saudade e dirixente da Irmandade Galeguista na capital federal. Participou nas actividades políticas dos galeguistas exiliados en México e formou parte do Consello Executivo do Padroado da Cultura Galega de México, do que foi tesoureiro en 1953.