Estudou secundaria no Colexio Marista Santa María de Ourense e licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela[2] e doutorouse en 2009 na Universidade de Sheffield coa tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo)[3]. Exerceu como profesora de Física e Tecnoloxía no ensino secundario en Santiago no Colexio La Salle e en 2020 no IES As Barxas de Moaña e noutros centros.
Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012).
En 2018 gañou o Premio Viadutos de Novela con Os bicos feridos. Na novela unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”.[4] Segundo Ramón Nicolás: "as páxinas de Os bicos feridos constrúense grazas a unha serie de diversas voces narrativas, tratadas con solvencia na súa singularidade, onde a presenza de recursos como son o uso das redes sociais ou ese continuo, e marabilloso, pano de fondo musical sempre presente, conforman unha novela intensa...".[5]
En marzo de 2019 a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia presentou Feminismos. A historia cóntana as vencedoras no que Anna R. Figueiredo fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.[6] A obra tamén fai un repaso do feminismo en Galicia, as vangardas e a loita polo apoderamento da muller no resto de España.[7]
J. C. Pinto, G. L. Whiting, S. Khodabakhsh, L. Torre, A. B. Rodríguez, R. M. Dalgliesh, A. M. Higgins, J. W. Andreasen, M. M. Nielsen, M. Geoghegan, W. T. S. Huck, e H. Sirringhaus "Organic thin film transistors with polymer brush gate dielectrics synthesized by atom transfer radical polymerization" Adv. Funct. Mater. 18 36-43 (2008).
S. S. Chang, A. B. Rodríguez, A. M. Higgins, C. Liu, M. Geoghegan, H. Sirringhaus, F. Cousin, R. M. Dalgliesh e Y. Deng "Control of roughness at interfaces and the impact on charge mobility in all-polymer field-effect transistors" Soft Matter 4 2220-4 (2008).
A. B. Rodríguez, M. M. Voigt, S. J. Martin, T. J. Whittle, R. M. Dalgliesh, R. L. Thompson, D. G. Lidzey, e M. Geoghegan "Structure of films of poly(3,4-ethylene dioxythiophene)-poly(styrene sulfonate) crosslinked with glycerol" J. Mater. Chem. 21 19324-30 (2011).
Presentando Biscoito de laranxa, de Daniel Chapela, en Bueu, 29 de xuño de 2024A. B. Rodríguez, M. R. Tomlinson, S. Khodabakhsh, J.-F. Chang, F. Cousin, D. Lott, H. Sirringhaus, W. T. S. Huck, A. M. Higgins, e M. Geoghegan "All-polymer field-effect transistors using a brush gate dielectric" J. Mater. Chem. C 1 7736-41 (2013).
2014: Gañadora do Premio Quintal Literario na ANL da Uvigo: Carrapuchiña liberada de Ana Belén Rodríguez Rodríguez.[12]
2014: 1ª Premio do IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia. Categoría: Galego-Adulto: O bosón G de Higgs de Ana Belén Rodriguez.[13]
2015: XIII Certame de relato curto en galego “Concello de Mugardos” Letras Galegas 2015 “a nosa lingua, a nosa identidade”. Categoría iguais ou maiores de 18 anos: Mamacita!. Pseudónimo: Iseo Setelúas.[14]