Anni B Sweet
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Fuengirola, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora de cancións |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Folk |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Subterfuge Records |
Ana Fabiola López, nada en Fuengirola (provincia de Málaga) en 1987, é unha cantautora andaluza, máis coñecida como Anni B Sweet. Escribe as súas letras principalmente en inglés (estudou nun colexio británico) e o seu estilo, suave e melancólico, bebe de influencias da música acústica, o folk e o pop indie. Forma parte da corrente de cantautoras folk que se deu en España entre 2008 e 2009 canda a Russian Red, Alondra Bentley, La Bien Querida ou Zahara.[1][2][3][4][5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a compoñer cancións con nove anos. Empezou a estudar Arqutectura en Madrid, e en 2008 comezou a dar concertos en pequenos clubs da capital. Gravou a súa primeira maqueta con Javier Doria (The Melocotons) e Brian Hunt, e conseguiu gañar o concurso de maquetas da revista Mondosonoro.
Fichou polo selo Subterfuge Records e comezou a realizar concertos por toda España. O 28 de abril de 2009 editou o seu primeiro disco, Start, Restart, Undo. O 10 de decembro de 2009 publicouse unha edición especial do disco, cunha versión da canción "Take on me" do grupo "A-ha", utilizada nun anuncio de McDonalds en España.
Tocou en festivais como o Festival Internacional de Benicàssim, SOS '10 ou o Contempopránea, e en países como Francia, Arxentina ou Inglaterra. O 3 de xaneiro de 2011 publicouse o seu disco en Francia, e o 12 dese mes comezou a tocar por Europa no Eurosonic Festival dos Países Baixos, e posteriormente visitou lugares como México, Alemaña, Suíza e o Xapón.
O 24 de abril de 2012 editouse Oh, Monsters!, do que xa tocara algúns temas en directo. O 19 de marzo de 2013 publicouse o EP Ridiculous Games, que incluía unha versión de "Religión" de Lori Meyers. Chasing Illusions, o seu terceiro álbum de estudio, editouse o 13 de marzo de 2015.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Start, Restart, Undo (Subterfuge, 28/04/2009)
- Oh, Monsters! (Subterfuge, 24/04/2012)
- Chasing Illusions (Subterfuge, 13/03/2015)
- Universo por estrenar (2019)
EPs
[editar | editar a fonte]- Ridiculous Games (2013)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- "2 Monkeys" (Nelue)
- "Poli" (Zoé)
- "All of the moments" (Nelue)
- "Save It For The Moonlight" (Cesar&Parker)
- "Se dejaba llevar" (Sidonie)
- "No puedo vivir sin ti" (Coque Malla)
- "Y ver llover" (Delacruz)
- "Déjame" (Los Secretos)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Angèle Leciel (29 de setembro de 2009). "Alondra Bentley / Ashfield Avenue". Jenesaispop. Consultado o 29 de setembro de 2009.
- ↑ "Debate sobre el Estado de la Nación Pop". Jenesaispop. 13 de maio de 2009. Consultado o 5 de outubro de 2009.
- ↑ Nacho Ruiz (3 de abril de 2009). "Una cantautora en su vida". El Mundo. Consultado o 6 de outubro de 2009.
- ↑ Joan Vich Montaner (6 de abril de 2009). "El milagro de Lourdes". Público. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2009. Consultado o 6 de octubre de 2009.
“En su programa, ‘Disco Grande’, eligieron mi primera maqueta entre las mejores de 2006”.
- ↑ Pilar Sanz (13 de xaneiro de 2009). "Alondra Bentley: buenos tiempos para el folk". 20 minutos. Consultado o 8 de outubro de 2009.
- ↑ Lino Portela (28 de decembro de 2009). "Jóvenes, listos y taquilleros". El País. Consultado o 28 de decembro de 2009.