Antònia Font
Antònia Font | |
---|---|
Orixe | Mallorca, España |
Período | 1997 - 2013 |
Xénero(s) | pop |
Na rede | |
https://antoniafont.cat/ e https://www.antoniafont.com/inici/ | |
Antònia Font foi un grupo de música mallorquí nado en 1997, que se caracteriza pola súa música festiva e polas súas letras humorísticas e fantasiosas. Entre os temas do universo creativo de Antònia Font destacan, en especial, o espazo, a astronomía e todo o que se relaciona coa astronáutica; pero tamén o ambiente máis cotián e achegado, que estabelece un lugar constante entre unha perspectiva local, global e universal ou cósmica do mundo.
Habitualmente, clasifícanos como un grupo de pop, malia que eles manifestan que no momento de compoñer as cancións non teñen "prexuízos de estilo", e os temas son unha cousa que a miúdo sae espontaneamente.
O compositor dos temas é o guitarrista do grupo, Joan Miquel Oliver, que tamén edita discos en solitario e escribe letras doutros grupos, como Fora des Sembrat.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Circularon diferentes versións e lendas sobre a orixe do nome do grupo. A que historicamente tomou máis forza é a que di que "Antònia Font" era o nome dunha rapaza que tivera relacións amorosas con todos os membros da banda. Con todo, sempre que se lle pregunta ao grupo sobre o seu nome, responderon que se debe a unha compañeira de universidade que os acompañou durante o período de formación. Explican que se alegrou moito cando decidiron poñerlle o seu nome a un grupo formado só por homes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1997 Antònia Font gravou a súa primeira maqueta, onde había catro temas titulados Cibernauta Joan, L'Univers és una festa, Rumba e Es xifon és un aparato. Destacan por unhas letras imaxinativas e unha adaptación libre de diferentes estilos musicais. O primeiro concerto foi o mesmo ano nos quintos de Bunyola. A partir de aquí, o grupo comeza a tocar polos bares dos arredores de Mallorca ata a publicación do primeiro disco.
No 1999 gravaron nos estudios Tj Sò o seu primeiro disco titulado Antònia Font igual que o grupo, baixo a produción de Tomeu Janer.
Dous anos despois, o 17 de febreiro de 2001, presentaron o segundo en Barcelona: A Rússia. Nesta ocasión optaron polo continuismo, xa que no anterior traballo funcionara e a fórmula cultivada gustáballes, segundo opina Pau Debon, o cantante do grupo. Nestes dous discos xa están moi presentes os elementos sorprendentes.
O seu seguinte traballo discográfico, titulado Alegria, apareceu ao cabo dun ano. Sen abandonar o estilo, o ton e o ritmo das súas cancións, o cambio do segundo ao terceiro disco foi maior do que houbera entre o primeiro e o segundo.
Taxi, o cuarto traballo discográfico de Antònia Font, presentouse en 2004 e fíxoo acompañado de material audiovisual (un DVD e textos adxuntos).
No 2006 presentouse Batiscafo Katiuscas. Se el disc Taxi se caracterizaba por un contido relacionado co espazo exterior e os mundos e personaxes inventados, Batiscafo Katiuscas é unha viaxe interior na que a soidade e a melancolía están moi presentes.
En Coser i cantar, gravado cos cincuenta músicos de corda e vento da Bratislava Symphony Orchestra, e con arranxos do compositor contemporáneo Miquel Àngel Aguiló, reinterpretan vinte temas, nos que descobren unha perspectiva inédita da unión entre pop e sinfonía. Por aquesta esta obra, en xullo de 2008 recibiron o Premio Nacional de Música concedido pola Generalitat de Cataluña, no que destaca "a personal aportación á música pop-rock en catalán do quintento mallorquí".[1]
12 de abril de 2011 saíu o seguinte CD da banda: Lamparetes, botando por terra así algúns rumores que anunciaban a fin da banda. O 22 de marzo adiantaron unha cación do CD: Clint Eastwood, tema que fai unha homenaxe ao cineasta.
Discografía
[editar | editar a fonte]Any | Títol | Discogràfica | Comentaris |
---|---|---|---|
1999 | Antònia Font | Produccions Blau|Blau/DiscMedi | |
2001 | A Rússia | Música Global | Disco Catalán do Ano en Ràdio 4 |
2002 | Alegria | Virgin-Drac | Premio Puigporret da Crítica ao Mellor Disco do Ano 2º Mellor Disco Español en Rockdelux |
2004 | Taxi | Produccions Blau|Blau/DiscMedi | Premio Altaveu do MMVV ao Mellor Disco de Pop Mellor Disco do Ano en 'Enderrock e Rock'n'clàssic |
2006 | Batiscafo Katiuscas | Produccions Blau|Blau/DiscMedi | |
2007 | Coser i cantar | Produccions Blau|Blau/DiscMedi | Disc amb cançons de discs anteriors acompanyades per una orquestra |
2011 | Lamparetes | Robot Innocent Companyia Discogràfica | |
2012 | Vostè és aquí |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antònia Font |