Antemasque
Antemasque | |
---|---|
Orixe | Estados Unidos |
Período | 2014 - 2015 |
Xénero(s) | rock alternativo, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Nadie Sound |
Membros | Omar Rodríguez-López Cedric Bixler-Zavala Marfred Rodríguez-López Travis Barker Dave Elitch Flea (só no estudio) |
Na rede | |
http://antemasque.com/ | |
Antemasque (estilizado como ANTEMASQUE) foi un supergrupo estadounidense de rock formado en 2014 polos antigos membros de At the Drive-In e The Mars Volta Omar Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala. O seu primeiro álbum conta con Flea dos Red Hot Chili Peppers no baixo e con Dave Elitch na batería.[1][2] Tanto Flea como Elitch tocaran anteriormente con The Mars Volta.[3] O irmán de Omar, Marfred Rodríguez-López (anteriormente en Zechs Marquise), uniuse finalmente como baixista permanente e o membro de Blink-182 Travis Barker encargouse da batería.[4][5]
Historia
[editar | editar a fonte]O 9 de abril de 2014 Bixler-Zavala e Rodríguez-López nunciaron o seu novo proxecto, acompañando o anuncio co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "4AM".[6] Durante a seguinte semana lanzáronse tres sinxelos máis, e o seu álbum de estrea, Antemasque, foi editado o 10 de novembro de 2014. Aínda que Flea gravou o baixo para o disco non foi membro da banda.[7]
O 2 de novembro de 2015 a banda estreou oito cancións novas para un seguinte lanzamento, titulado Saddle on the Atom Bomb.[8][4] Porén, en 2022 o álbum aínda non tiña sido editado, e as redes sociais da banda levaban inactivas dende 2015, o que implica que probablemente a banda non siga activa.
Membros
[editar | editar a fonte]- Omar Rodríguez-López - guitarra (2014-2015)
- Cedric Bixler-Zavala - voces (2014-2015)
- Flea - baixo (2014, só no estudio)
- Marfred Rodríguez-López - baixo (2014-2015)
- David Elitch - batería (2014-2015)
- Travis Barker - batería (2015)
Liña de tempo
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Antemasque | 2014 | Nadie |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mars Volta Members Unite With Flea For New Project, Antemasque". Music Feeds. 2014-04-09. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "RHCP bassist Flea forms Antemasque supergroup with the Mars Volta". the Guardian (en inglés). 2014-04-09. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Grow, Kory (2014-04-09). "Former Mars Volta Members Form New Group". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-21.
- ↑ 4,0 4,1 "Cedric Bixler Zavala (@cedric_bixler_zavala_) on Instagram". Ghostarchive. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Travis Barker on Twitter". Twitter. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "4AM - Single". music.apple.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ Grow, Kory (2014-04-15). "Hear Another New Antemasque Track". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Antemasque Unleashes a Set of New Songs At The Observatory". OC Weekly. 2015-11-17. Archived from the original on 17 de novembro de 2015. Consultado o 2022-06-21.