Anthony Davis
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Anthony Marshon Davis 11 de marzo de 1993 (31 anos) Chicago, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kentucky | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 115 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, actor, actor de dobraxe | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New Orleans Pelicans, 1º (2012) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Red Bull GmbH | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anthony Davis, Jr., nado o 11 de marzo de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Xogou de ala-pivote para a Universidade de Kentucky antes de ser seleccionado na 1ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. Despois da súa temporada "rookie" na NBA, foi elixido no mellor quinteto de novatos da competición. No seu segundo ano foi elixido no Quinteto ideal da NBA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]Anthony Davis Jr. é fillo de Anthony e Eranier Davis. Naceu o 11 de marzo de 1993 no South Side de Chicago, Illinois. Ten unha irmá xemelga chamada Antoinette e unha irmá máis vella chamada Lesha, que tamén xogan a baloncesto. Na súa cidade natal acudiu ao Instituto Perspectives Charter School, un centro cun programa académico famoso polos seus programas de matemáticas e ciencias. O equipo do Perspectives milita nunha división da Chicago Public High School League, a chamada Blue Division, ignorada polos medios de comunicación debido ao baixo nivel da competición. No seu primeiro ano, Davis era coñecido como "O pequeno que lanza triplas desde a esquina". Ao finalizar o seu primeiro ano no instituto medra 10 centímetros e aínda que a tempada seguinte seguiu xogando por fóra, traballou o seu xogo interior adestrando co seu tío e os seus curmáns. Durante o seu ano júnior os seus pais pensaron en mudalo de instituto a un con maior repercusión nos medios. Con todo Donnie Kirksey, amigo do pai de Anthony, desaconsellou tal opción dicindo que "Se es bo, dá igual onde xogues, encontrarante".[1]
Universidade
[editar | editar a fonte]Tras terminar o instituto, Davis matriculouse na Universidade de Kentucky, onde pasou a formar parte do seu equipo de baloncesto, os Kentucky Wildcats dirixidos por John Calipari. Mesmo antes de que a súa carreira universitaria comezase, moitos analistas xa lle vían como futuro número 1 do Draft.[2] Calipari comparou fisicamente a Davis con Marcus Camby, mais afirmando que o seu pupilo era mellor driblador e tirador que Camby.[3]
No seu único ano universitario Davis fixo unha media de 14,2 puntos, 10,4 rebotes e 4,7 tapóns por partido, liderando a NCAA neste último apartado. Disputou un total de 40 partidos con media de 32 minutos por choque. Foi nomeado xogador do ano, novato do ano e mellor defensor do ano. Na final da Final Four da NCAA o seu equipo impúxose á Universidade de Kansas por 67-59 no Mercedes-Benz Superdome de Nova Orleáns. Aínda que non estivo moi acertado en ataque (1 de 10 en tiros de campo para un total de 6 puntos) o seu labor defensivo (16 rebotes e 3 roubos de balón) foron chave para o triunfo dos Wildcats. Uns días máis tarde declarouse escollíbel para o Draft de 2012.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011–12 | Kentucky | 40 | 40 | 32.0 | .623 | .150 | .709 | 10.4 | 1.3 | 1.3 | 4.7 | 14.2 |
Total | 40 | 40 | 32.0 | .623 | .150 | .709 | 10.4 | 1.3 | 1.3 | 4.7 | 14.2 |
NBA
[editar | editar a fonte]Tal e como previron moitos Mock Drafts, Davis foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2012 por New Orleans Hornets.[4] Na súa estrea como profesional anotou 21 puntos e capturou 7 rebotes, mais non puido evitar a derrota do seu equipo en casa ante os San Antonio Spurs. Ao partido seguinte sufriu unha conmoción cerebral tras un choque co seu compañeiro Austin Rivers, o que lle mantivo afastado das pistas unha semana. Ao seu regreso asinou o seu primeiro dobre-dobre na NBA con 23 puntos e 11 rebotes, ademais de pór 5 tapóns. Participou no Rising Stars Challenge co Team Chuck, saíndo de titular e anotando 11 puntos e atrapando 9 rebotes. Davis finalizou a súa primeira tempada na NBA liderando a clasificación de rookies en rebotes (8'2) e tapóns (1'8). Foi incluído no mellor quinteto de rookies, mais a pesar de partir como favorito a principios da tempada, o premio ao Rookie do Ano levoullo Damian Lillard de forma unánime.
Na tempada 2013−14, Davis converteuse no xogador máis novo da historia da NBA en facer unha media de 20 puntos, 10 rebotes e 2'8 tapóns por partido. Quedou na terceira posición do trofeo ao Xogador máis mellorado da NBA tras Goran Dragić e Lance Stephenson. Ademais, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game, que celebrou en Nova Orleáns. Nun principio non foi votado polo público nin seleccionado posteriormente polos adestradores, mais a ausencia de Kobe Bryant por lesión permitiu a Davis estrearse no partido das estrelas diante do seu público. Tamén participou no Rising Stars Challenge en calidade de sophomore. A súa gran tempada non tivo premio a nivel colectivo, xa que os Pelicans, cun balance de 34 vitorias e 48 de derrotas, non se clasificaron para Playoffs.
A tempada 2014−15 foi a da súa definitiva consagración na elite da liga. Durante os primeiros meses de competición as súas espectaculares actuacións metéronlle de cheo na carreira polo MVP, que finalmente levou Stephen Curry. Ademais, foi incluído no Mellor quinteto da tempada e conseguiu clasificarse para os Playoff por primeira vez na súa carreira. O 9 de xullo de 2015 renovou o seu contrato por cinco anos e 145 millóns de dólares.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
%3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
- Temporada regular
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012−13 | New Orleans | 64 | 60 | 28.8 | .516 | .000 | .751 | 8.2 | 1.0 | 1.2 | 1.8 | 13.5 |
2013−14 | New Orleans | 67 | 66 | 35.2 | .519 | .222 | .791 | 10.0 | 1.6 | 1.3 | 2.8 | 20.8 |
2014−15 | New Orleans | 68 | 68 | 36.1 | .535 | .083 | .805 | 10.2 | 2.2 | 1.5 | 2.9 | 24.4 |
2015−16 | New Orleans | 61 | 61 | 35.5 | .493 | .324 | .758 | 10.3 | 1.9 | 1.3 | 2.0 | 24.3 |
2016−17 | New Orleans | 75 | 75 | 36.1 | .505 | .299 | .802 | 11.8 | 2.1 | 1.3 | 2.2 | 28.0 |
2017−18 | New Orleans | 75 | 75 | 36.4 | .534 | .340 | .828 | 11.1 | 2.3 | 1.5 | 2.6 | 28.1 |
2018−19 | New Orleans | 56 | 56 | 33.0 | .517 | .331 | .794 | 12.0 | 3.9 | 1.6 | 2.4 | 25.9 |
Total | 466 | 461 | 34.6 | .517 | .314 | .795 | 10.5 | 2.1 | 1.4 | 2.4 | 23.7 | |
All-Star | 5 | 2 | 15.6 | .739 | .167 | .000 | 4.0 | 0.2 | 1.0 | 0.0 | 20.6 |
- Playoffs
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | New Orleans | 4 | 4 | 43.0 | .540 | .000 | .889 | 11.0 | 2.0 | 1.3 | 3.0 | 31.5 |
2018 | New Orleans | 9 | 9 | 39.8 | .520 | .273 | .828 | 13.4 | 1.7 | 2.0 | 2.4 | 30.1 |
Total | 13 | 13 | 40.8 | .526 | .250 | .850 | 12.7 | 1.8 | 1.8 | 2.6 | 30.5 |
Internacional
[editar | editar a fonte]Tras gañar o campionato universitario, e ante as lesións de varios xogadores importantes da selección estadounidense, Davis foi engadido xunto con James Harden á preselección do combinado norteamericano para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. Máis tarde, unha lesión no nocello fixo que fose descartado da lista olímpica, mais tras a ausencia de última hora de Blake Griffin foi convocado de novo. Davis debutou nos Xogos Olímpicos ante Francia na vitoria do Team USA por 98-71, anotando tres puntos no oito minutos que estivo sobre o parqué. Finalmente conseguiría, xunto co resto dos seus compañeiros, a medalla de ouro de campión. Dous anos despois foi convocado de novo, esta vez para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 celebrado en España. Ao igual que na anterior cita o equipo de Davis conseguiu a medella de ouro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, G. (29 de xuño 2012). "Anthony Davis, el último paso en la evolución del baloncesto". Marca (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2015.
- ↑ Lucas (22 de novembro de 2011). "The Great NBA Draft Debate: Anthony Davis, Andre Drummond Or Harrison Barnes". Dime (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2015.
- ↑ "23 Anthony Davis". Kentucky Wildcats (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2012.
- ↑ "Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft". NBA.com (en inglés). 28 de junio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 16 de agosto ded 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Nados en 1993
- Nados en Chicago, Illinois
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos New Orleans Pelicans
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024