Thomas Robinson
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Thomas Earl Robinson 17 de marzo de 1991 (33 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kansas Brewster Academy (en) Eastern High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Sacramento Kings | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Thomas Earl Robinson, nado o 17 de marzo de 1991 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no BC Khimki da VTB United League.
Instituto
[editar | editar a fonte]Robinson xogou ó baloncesto no Brewster Academy en Wolfeboro, Nova Hampshire. No seu último ano, fixo 16 puntos, 13 rebotes e 5 tapóns por partido. Era considerado coma o segundo mellor xogador do seu equipo, xusto despois de Charlie Henn, quen era ademais o seu mellor amigo.
Traxectoria universitaria
[editar | editar a fonte]Robinson comezou o seu ano coma júnior e a tempada 2011-2012 coma un dos 50 candidatos ó premio John R. Wooden da pretempada.[1] Xunto ó seu compañeiro de equipo Tyshawn Taylor, esperábase que Robinson se convertera nun dos líderes do equipo de Kansas. O 31 de decembro de 2011, nun partido contra Dakota do Norte, Robinson anotou 30 puntos e capturou 21 rebotes. Foi o primeiro xogador de Kansas en facer 30 puntos e 20 rebotes dende que o fixera Wayne Hightower en 1961 contra Missouri, tras conseguir 36 puntos e 21 rebotes.[2] Ó remate da tempada regular da conferencia Big 12, Robinson foi segundo en dobres-dobres conseguidos, con 22, por detrás de O.D. Anosike do Siena College. Robinson rematou ademais acadando 18 puntos e 11.9 rebotes por partido.
O 4 de marzo de 2012, Robinson foi nomeado Xogador do Ano da Big 12 de 2012, seleccionado polos adestradores.[3] O 5 de marzo de 2012, foi galardoado co premio Associated Press ao Xogador do Ano da Big 12.[4]
O 9 de abril de 2012, Robinson decidiu saltarse o seu último ano universitario, e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[5]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 2012, Robinson foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Sacramento Kings.
O 20 de febreiro de 2013, Robinson foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Tyler Honeycutt a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[6]
O 10 de xullo de 2013, Robinson foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos de Kostas Papanikolaou e Marko Todorović, ademais de dúas futuras de eleccións da segunda rolda do Draft.[7]
O 19 de febreiro de 2015, Robinson foi traspasado xunto a Will Barton, Víctor Claver e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[8] Tres días máis tarde foi cortado polos Nuggets, sen chegar a xogar ningún partido con eles.[9] O 24 de febreiro de 2015, os Philadelphia 76ers contrataron a Robinson,[10] e fixo o seu debut co equipo ó día seguinte, acadando 7 puntos e 6 rebotes na derrota por 88-104 contra os Milwaukee Bucks.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John R. Wooden Award Announces Men's Preseason Top 50 List
- ↑ [1]
- ↑ Big 12 Conference. "2012 Phillips 66 All-Big 12 Men's Basketball Awards Announced" (PDF). Big 12 Conference. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2011.
- ↑ Associated Press. "Kansas' Robinson is AP Big 12 player of year". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 5 de marzo de 2012.
- ↑ "Kansas Jayhawks' Thomas Robinson to forgo senior year, enter NBA Draft". espn.go.com. Consultado o 29 de xuño de 2012.
- ↑ "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013.
- ↑ "Trail Blazers acquire Thomas Robinson from Houston". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
- ↑ "Nuggets Waive Claver and Robinson". NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015.
- ↑ Sixers Claim Thomas Robinson
- ↑ "Carter-Williams impresses in debut, Bucks rout 76ers 104-88". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2015. Consultado o 07 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de marzo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía nos Kansas Jayhawks (en inglés)
- Nados en 1991
- Nados en Washington, D.C.
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores do BC Khimki