Saltar ao contido

Doron Lamb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDoron Lamb

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónOak Hill Academy (en) Traducir
Universidade de Kentucky Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Orlando Magic
Indiana Mad Ants
2010–2012 Kentucky Wildcats

Doron Emmanuel Calvin Lamb, máis coñecido como Doron Lamb, nado o 6 de novembro de 1991 en Queens, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no UEB Gesteco Cividale da Serie A2 Basket italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Lamb graduouse no Oak Hill Academy.[1] No instituto, recibiu os galardóns McDonald's All-America e Jordan Brand Classic All-America.[1] Despois, asistiu á Universidade de Kentucky. No seu primeiro ano, os Wildcats chegaron á Final Four da NCAA e perderon por un só punto contra os UConn Huskies. No seu segundo ano, os Wildcats conseguiron un récord de 38-2, e gañou o Campionato da NCAA de 2012.

Profesional

[editar | editar a fonte]

En abril de 2012, Lamb anunciou que se presentaba ó Draft da NBA de 2012, xunto ós seus compañeiros en Kentucky Anthony Davis, Marquis Teague, Terrence Jones e Michael Kidd-Gilchrist. O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 42ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks. Asinou un contrato por varios anos cos Bucks, aínda que só permanceu unha temporada. Após outra campaña cos Orlando Magic e con equipos da G League, Lamb continuou coa súa carreira en Europa.

  1. 1,0 1,1 "Doron Lamb Profile — Kentucky Wildcats Official Athletic Site". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012. Consultado o 2 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]