Antonio Blanco Freijeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1923 Marín, España |
Morte | 6 de xaneiro de 1991 (67 anos) Las Rozas de Madrid, España |
Lugar de sepultura | Marín |
Catedrático | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Director de tese | Antonio García Bellido |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, historiador, arqueólogo |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Ramón Corzo Sánchez |
Familia | |
Fillos | Mercedes Blanco Morel |
Pai | Antonio Blanco Porto |
Premios | |
Antonio Blanco Freijeiro, nado en Marín o 6 de setembro de 1923 e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1991, foi un arqueólogo e numismático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Blanco Porto. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e despois en Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica. Especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García Bellido, e completou a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidade de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Xaén). Colaborou na prensa especializada e en Cuadernos de Estudios Gallegos. Foi membro da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis de León de Lenguas Germánicas pola súa tradución de Historia de la Edad de Piedra (1982), de H. Müller-Karpe. Logo de padecer algúns problemas cardiacos, finou repentinamente na madrugada do 6 de xaneiro de 1991,[1] sendo soterrado no panteón familiar de Marín.
Obras
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Musa Alemá, 1961 (con Celso Emilio Ferreiro).
- Excavaciones en el Cerro Salomón, 1970.
- Cerámica ibérica de Andalucia y Levante, 1976, Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de Sargadelos 14.
- Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos, 1984.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar López-Brea Osorio e foi pai de Mercedes Blanco López-Brea de Morel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Blanco Freijeiro, catedrático de Arqueología y académico" (necrolóxica en El País, 8-1-1991).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Blanco Freijeiro, Antonio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel Abascal Antonio Blanco Freijeiro. Bibliografía completa El Anaquel de Spantamicus.
- "Los guerreros de Riace", artigo de A. Blanco en Revista de Arqueología.
- Nados en Marín
- Nados en 1923
- Finados en 1991
- Numismáticos de Galicia
- Académicos da Real Academia da Historia
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Científicos do CSIC
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Sevilla
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Arqueólogos de Galicia