Anxos Sumai
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1960 (64 anos) Oeste, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e tradución literaria |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritora, documentalista, tradutora, documentalista |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
María Anxos Sumai García, nada en Oeste (Catoira) o 29 de novembro de 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xeografía e Historia e especializouse en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Dende 1985 traballa como bibliotecaria e documentalista na Biblioteca Nodal e no Museo Provincial de Pontevedra. Tamén coordina a Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.[3]
Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal culturagalega.org, onde tivo as seccións Anxos e diaños, con Roberto Ribao, Anxos da garda e Crítica da memoria pura.[4] Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004).[2] No Diario Cultural da Radio Galega tivo o espazo “Somos perigosamente normais”.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Anxos da garda (2003). A Nosa Terra. 216 páxs. Recolleita de artigos en forma de diario.
- Melodía de días usados (2005). Galaxia. 384 páxs.
- Así nacen as baleas (2007). Galaxia. 164 páxs. Traducido ao castelán como Así nacen las ballenas, 2010, por Laura Almazán en Faktoría K.,[5] e ao inglés como That's how whales are born, 2017, por Carys Evans-Corrales en Small Station Press.[6]
- A lúa da colleita (2013). Galaxia. 244 páxs. Traducido ao castelán como La luna de la cosecha, 2016, por Xosé Antonio López Silva en Mar Maior.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Perigosamente normais (2008). Universidade de Santiago de Compostela.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Diarios, de Syra Alonso (2000). A Nosa Terra.
- Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde (2002). A Nosa Terra.
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009). Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Pano de lona (2005, Arquivo Pacheco).
- Fisuras no cotián. Nove narradoras no relato de xénero (2006, Xunta de Galicia).
- 24 10 06 (2007, Candeia Editora, Santiago de Compostela).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre literatura e cociña.
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Flor branca de Boabab".[7]
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[8]
- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[9]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Novos Valores da Narrativa Galega no 1985.
- Accésit do no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro no 1985, por Relembranzas con Palmira e Banana Split.
- Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 2004, por Anxos de garda.
- II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF no 2007, por Así nacen as baleas..
- Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres 2007, polo seu espazo de opinión Somos perigosamente normais.[10]
- Premio á Mellor autora do ano pola Asociación Galega de Editores en 2007.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2008, por Así nacen as baleas.
- Premio García Barros no 2013, por A lúa da colleita.
- Premio da Crítica Española de 2013, por A lúa da colleita.
- Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2013, por A lúa da colleita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sumai , Anxos". Editorial Galaxia. Consultado o 29 de marzo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Anxos Sumai". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "Biografía Anxos Sumai". Consultado o 2020-07-20.
- ↑ arquivado do orixinal Arquivado 03 de xullo de 2013 en Archive.is o 3 de xullo de 2013
- ↑ "Así nacen las ballenas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "That's how whales are born". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ Emitido semanalmente no Diario Cultural da RG durante o 2006.