Apocalipse Z. A ira dos xustos
Apocalipse Z. A ira dos xustos | |
---|---|
Título orixinal | Apocalipsis Z. La ira de los justos |
Autor/a | Manel Loureiro |
Cuberta | Denís Fernández Cabrera |
Orixe | España |
Lingua | Castelán |
Xénero(s) | Novela, literatura fantástica |
Editorial | Planeta Urco Editora |
Data de pub. | 2010 novembro de 2015 |
Formato | Tapa branda con lapelas |
Páxinas | 368 |
ISBN | 978-84-15699-44-6 |
Precedido por | Apocalipse Z. Os días escuros |
Tradución | Tomás González Ahola |
[ editar datos en Wikidata ] |
Apocalipse Z. A ira dos xustos é unha novela de literatura fantástica en lingua castelá de Manel Loureiro, publicada en 2010 por Planeta. Foi traducida ao galego por Tomás González Ahola, e publicada en 2015 por Urco Editora. É a terceira parte da triloxía Apocalipsis Z.
Trama
[editar | editar a fonte]Na segunda novela, o avogado, a súa moza Lucía e mais o piloto de helicópteros ucraíno Viktor marcharon nun iate das illas Canarias.
No medio dunha forte treboada dan cun petroleiro que vai cara á illa de Bioko para coller petróleo. O barco vén desde os Estados Unidos, e logo de cargar en Luba, regresan cara a Gulfport, no estado de Mississippi. De camiño, o capitán do barco explícalles que descubriron unha menciña que permite aos infectados polo virus manterse con vida, e que nesa vila se estableceu un refuxio coñecido como a Armada de Cristo. Unha elite de WASP (brancos, anglosaxóns e protestantes) dirixe a vila, e mantén nun gueto á poboación doutras razas, que utiliza como man de obra (ilotas).
Doutra banda, en Corea do Norte mantiveron as fronteiras pechadas e o réxime comunista de Kim Il Sung segue vixente. A través de emisoras de radio descobren a poboación de Gulfport, e dirixen cara a alá un comando para saber de onde toman o petróleo. O comando norcoreano aterra en California e cruza os Estados Unidos cara a Gulfport.
O avogado comeza a traballar para o concello, mais Lucía enfádase ao ver as condicións en que os brancos tratan os ilotas, e decide marchar ao gueto. O avogado rebélase, e é apresado polo reverendo Greene e por Malachy Grapes, que lidera un grupo que se fai chamar Nación Aria. Víktor vai rescatar a Lucía, quen promove unha rebelión no gueto. O reverendo provoca un novo exterminio de ilotas e infecta ao avogado co virus, e envíao xunto cun bo número de ilotas ao deserto nun convoi ferroviario. O avogado, que dispón duns poucos litros de menciña para sobrevivir, é abandonado en Texas mais logra regresar cara a Gulfport. Víktor sae da vila xunto cun dos líderes do gueto e cun grupo de xente dos que viven na vila que se pon do lado dos ilotas, que se fan chamar os Xustos. Atopan ao avogado e diríxense de volta cara á vila con armas e menciñas.
No gueto iniciouse ao tempo a rebelión e o exterminio, con violentos enfrontamentos. Ao tempo, os norcoreanos entran na vila e aumentan o caos. O grupo do avogado entra tamén na vila, armándose un combate a catro bandas.
Finalmente Víktor morre asasinado polo reverendo Greene. O avogado e Lucía logran sobrevivir, e logo de seis anos regresan a Pontevedra cunha cepa para crear a menciña. Teñen un fillo, ao que chamaron Víktor, que non é portador do virus, e Lucía está de novo embarazada.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra alterna a primeira persoa que usara na primeira novela -desde o punto de vista do protagonista- co narrador omnisciente en terceira persoa. Altérnase o punto de vista da acción, e inclúense varias analepses e prolepses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web da editorial.