Aquilino Sánchez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1874 Oseira, España |
Morte | 1 de novembro de 1936 (61/62 anos) Vilariño Frío, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Alcalde do Carballiño | |
1936 – 1936 ← Felisindo Álvarez Xesteira – Bernardino González Álvarez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, perito agrícola |
Aquilino Sánchez Rodríguez, nado en Oseira (San Cristovo de Cea) en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito agrícola destinado no concello de Maside. Propagandista agrario, fundou e foi director do periódico La Torre de Maside en 1921. Durante a Segunda República militou no Partido Radical, pasando despois a Izquierda Republicana, foi concelleiro do Carballiño e foi elixido alcalde do Carballiño o 19 de abril de 1936, logo da dimisión de Felisindo Álvarez Xesteira para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo e trasladado o 2 de agosto en compañía de Joaquín Losada Filgueira cara Ourense. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en proceso incoado o 15 de setembro por adhesión á rebelión, foi absolto. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Eligio Núñez Muñoz.
Predecesor: Felisindo Álvarez Xesteira |
Alcalde do Carballiño 1936 |
Sucesor: Bernardino González Álvarez |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Novelle López, Laura; Prada Rodríguez, Julio (2002). "Da axitación republicana á represión franquista. O Carballiño (1930-1942)". Boletín Auriense (Grupo Marcelo Macías ; Museo Arqueolóxico Provincial). XXXII (XXXII): 171–194.
- Prada Rodríguez, Julio (2001). "Os mortos daquel outono... Unha aproximación ó proceso e asasinato de Aquilino Sánchez". Ágora do Orcellón (2).
- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. pp. 214, 224–225. ISBN 978-84-8485-157-8.