Arao de ás brancas
Arao de ás brancas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arao de á branca descansando nun cantil en Reykjanes, Islandia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
O arao de ás brancas[2] ou arao de alas brancas[3] (Cepphus grylle) é unha especie de ave álcida de pequeno tamaño.
A ave adulta ten corpo negro cunha mancha branca na á, un bico delgado escuro e patas e pés vermellos. As partes inferiores das ás, visibles en voo, son parcialmente brancas. En inverno, as partes superiores son grises claras e as inferiores brancas, cunha mancha e unha liña negra na zona do ollo, pero as ás permanecen negras agás a mancha branca. Teñen unha lonxitude de 32–38 cm e unha envergadura de ás de 49–58 cm. Mergúllanse para conseguir comida, nadando baixo a auga. Comen principalmente peixe e crustáceos, e tamén algúns moluscos, insectos e materia vexetal.
Estas aves a miúdo pasan o inverno nas súas áreas de reprodución, movéndose a augas abertas se é neceserio, pero xeralmente non migran moi ao sur.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Cepphus, procede do grego kepphos, unha ave acuática de cor clara mencionada por autores gregos como Aristóteles. O nome da especie, grylle, era o nome desta ave no dialecto local de Gotland cando Linnaeus a visitou en 1741.[4]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense cinco subespecies de arao de á branca, que son:[5]
- C. g. mandtii – (Lichtenstein, 1822): desde o noroeste de Canadá a Svalbard e ao norte de Siberia e norte de Alasca
- C. g. arcticus – (Brehm, 1824): no noroeste de Esados Unidos, sueste do Canadá e sur de Groenlandia ata Irlanda e Gran Bretaña, sur de Escandinavia e o mar Branco
- C. g. islandicus – (Hørring, 1937): Islandia
- C. g. faroeensis – (Brehm, 1831): illas Feroe
- C. g. grylle – (Linnaeus, 1758): mar Báltico
Reprodución
[editar | editar a fonte]Forma pequenas colonias reprodutoras de 5 a 200 parellas, aínda que moi ao norte forma colonias maiores. Pon un ovo ou dous verdosos con manchas marróns ou grises nun leito de grava, preferindo as gretas entre os cantís baixos e pendentes de pedras. O macho e a femia comparten as tarefas de chocar o ovo, que duran algo menos de 4 semanas. Na tempada reprodutora o interior da gorxa vermello é intenso.
Xeograficamente, a súa área reprodutora son as costas rochosas, cantís e illas do Atlántico norte de Norteamérica (polo sur ata Maine e de Europa (polo sur ata Irlanda). Son unha das poucas aves que se reproducen na illa de Surtsey, Islandia, unha illa de formación recente volcánica. No Reino Unido é común no oeste e norte de Escocia e Irlanda. No resto de Gran Bretaña só aniña en St. Bees Head en Cumbria, na Illa de Man e no oeste de Anglesey no norte de Gales. Algunhas destas aves reprodúcense en Alasca, onde a súa área se solapa coa do Cepphus columba. Pon os ovos normalmente en sitios rochosos preto da auga.
Comportamento
[editar | editar a fonte]É unha ave moito máis costeira que o arao dos cons. Déixase flotar na tona da auga e mete primeiro a cabeza baixo a auga para asegurarse que o campo está libre antes de mergullarse. Propúlsase baixo a auga coas ás e raramente descende a máis de 40 m de profundidade. Nútrese sobre todo de pequenos peixes e de crustáceos, e tamén moluscos e vermes mariños. Emite un asubío agudo nos seus lugares de nidificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cepphus grylle". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 96, 180. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ "Coursers, noddies, gulls, terns, auks and sandgrouse". worldbirdnames.org. International Ornithological Congress. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2014. Consultado o 2015-01-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arao de ás brancas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arao de ás brancas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leonard, K. 2008. Black Guillemots on the Copeland Islands in 2008. Annual Report for 2008. Copeland Bird Observatory. p. 50.