Arde Bogotá
Arde Bogotá | |
---|---|
Arde Bogotá en directo, o 25 de agosto do 2023, en Toro. | |
Orixe | Cartaxena, España |
Período | 2017- |
Xénero(s) | Rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music |
Membros | Antonio García Dani Sánchez Pepe Esteban José Ángel Mercader |
Na rede | |
www.exoplaneta.es | |
Arde Bogotá é un grupo musical español de rock alternativo formado en Cartaxena, Murcia, en 2017. Está formado por Antonio García, Dani Sánchez, Pepe Esteban e José Ángel Mercader.[1]
A súa música foi definida como de produción coidada e intensidades sonoras potentes, con letras a miúdo incisivas e unha gran carga de forza e sentimento.[2] Entre as súas influencias, adoitan salientar bandas como Arctic Monkeys, Foo Fighters ou Héroes del Silencio.[3][4] A súa actuación en directo consolidouse como un aspecto fundamental no progreso da banda.[2]
O seu segundo álbum de estudio, Cowboys de la A3, publicado en 2023, entrou directamente no número 3 das listas de vendas de España. Ese mesmo ano foron nomeados a dous premios nos Latin Grammys, nas categorías de Mellor Álbum de Rock e Mellor Canción de Rock.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arde Bogotá estrenará disco en 2023: "No somos los mismos de hace dos o tres años"". Murcia Plaza. 24 de setembro de 2022. Consultado o 2 de maio de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "La banda Arde Bogotá, nominada a dos premios Grammy Latinos 2023". europapress.com. Europa Press. 20 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2023.
- ↑ Oteo, Jana (16 de agosto de 2023). La Vanguardia, ed. "Arde Bogotá: "En España solo somos capaces de mirar a un género musical"". Consultado o 26 de agosto de 2023.
- ↑ Villamil, Valentina (3 de marzo de 2023). Rolling Stone, ed. "Artistas que debes conocer: Arde Bogotá". Consultado o 3 de setembro de 2023.