Arctic Monkeys
Arctic Monkeys | |
---|---|
Orixe | Sheffield, Inglaterra, Reino Unido |
Período | 2001 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, garage rock |
Selo(s) discográfico(s) | Domino Records |
Membros | Alex Turner Jamie Cook Matthew Helders Nick O'Malley |
Antigos membros | Andy Nicholson |
Artistas relacionados | The Last Shadow Puppets, Milburn Mongrel, James Ford, Miles Kane, Josh Homme, Mini Mansions |
Na rede | |
www.ArcticMonkeys.com | |
Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock[1] así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Logo de conseguir as súas guitarras no Nadal de 2001, os veciños Alex Turner e Jamie Cook montaron unha banda cos seus amigos da escola, Andy Nicholson, que tocaba o baixo, e Matt Helders, a quen tocou ser o batería.
Baixo o nome Bang Bang, tocaban temas de bandas como Led Zeppelin e cantaban con acento estadounidense. Logo Alex asumiu a tarefa de escribir cancións (en verdade xa tiña algunhas), e mudaron o nome da banda como Arctic Monkeys.
Logo dalgúns primeiros concertos, en 2003, comezaron a gravar CDs demos e distribuílos para o público. Como a oferta era limitada, os fans copiaron as cancións e compartíannas por Internet. Ata foi creado un perfil da banda no sitio MySpace, todo sen que os propios membros fosen conscientes. Grazas a esa divulgación viral pola rede, non só os amigos senón centos de persoas cantaban todas as letras nos concertos.
En 2004, a súa popularidade chamou a atención da BBC Radio 1 e da prensa británica. Mark Bull, un fotógrafo afeccionado local filmou unha presentación en vivo e fixo o videoclip de "Fake Tales Of San Francisco", lanzándoo no seu sitio, xuntamente coa recompilación Beneath The Boardwalk.
En maio de 2005 a banda lanzou o seu primeiro EP, Five Minutes with Arctic Monkeys, con só 1.500 copias en CD e 2.000 en Vinilo de 7", mais tamén dispoñíbel en iTunes Music Store. En xuño asinaron un contrato con Domino Records e despois, tocaron no Carling Stage, palco dos festivais de Reading e Leeds reservado para bandas menos coñecidas.
En outubro, o primeiro lanzamento da Domino Records, I Bet You Look Good on the Dancefloor, foi directo para o primeiro lugar nas vendas de discos do Reino Unido. No mesmo mes, fixeran a súa primeira portada na revista New Musical Express.
O segundo compacto, When The Sun Goes Down, saíu o 6 de xaneiro de 2006, alcanzando novamente o top das vendas.
Mesmo coas decargas en Internet e o intenso intercambio de arquivos, o álbum de estrea Whatever People Say I Am, That's What I'm Not, lanzado en 2006, alcanzou cifras récords de venda. As 120.000 copias no Reino Unido só no primeiro día pasaban a suma de todos os outros álbums do "top 20" do país nesa data, e a primeira semana foi pechada como 363.735 copias.
Sen deixar baixar a fama, en abril de 2006 lanzaron un EP con cinco temas, Who the Fuck Are Arctic Monkeys?. A pesar das altas vendas, a linguaxe sucia das cancións tivo como consecuencia as baixas reproducións na radio, o que non incomodou á banda. Logo do lanzamento do EP, a banda presentou un novo baixo, Nick O'Malley. Inicialmente, Nick só substituiría a Andy Nicholson na tourné polos Estados Unidos, mais despois anunciose que deixara a banda definitivamente.
En agosto, lanzaron "Leave Before The Lights Come On", o seu primeiro disco en non alcanzar o primeiro lugar de vendas. Pouco despois, o álbum Whatever People Say I Am, That's What I'm Not gañou o Mercury Prize[3], deixando atrás álbums como The Eraser de Thom Yorke, The Back Room dos Editors e Black Holes and Revelations dos Muse.
En abril de 2007 lanzaron Favourite Worst Nightmare con tal expectativa que foron feitas 400 mil copias na Gran Bretaña.
O 24 de agosto de 2014 a banda anunciou unha paréntese na súa actividade tras a súa última xira.[4]
Membros
[editar | editar a fonte]Formación actual
[editar | editar a fonte]- Alex Turner - guitarra e voz
- Jamie Cook - guitarra
- Nick O'Malley - baixo
- Matt Helders - batería e coros
Ex-integrantes
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Whatever People Say I Am, That's What I'm Not | 2006 | Domino Records |
Favourite Worst Nightmare | 2007 | Domino Records |
Humbug | 2009 | Domino Records |
Suck It and See | 2011 | Domino Records |
AM | 2013 | Domino Records |
Tranquility Base Hotel & Casino | 2018 | Domino Records |
The Car | 2022 | Domino Records |
EPs
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Five Minutes With Arctic Monkeys | Bang Bang | 2005 |
Who The Fuck Are Arctic Monkeys? | Domino | 2006 |
iTunes Festival: London 2011 | 2011 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Single/EP | Álbum |
---|---|---|
2005 | "I Bet You Look Good on the Dancefloor" | Whatever People Say I Am, That's What I'm Not |
2006 | "When the Sun Goes Down" | Whatever People Say I Am, That's What I'm Not |
2006 | "Fake Tales of San Francisco" | Whatever People Say I Am, That's What I'm Not |
2006 | "Leave Before the Lights Come On" | Non está incluído en ningún álbum |
2007 | "Brianstorm" | Favourite Worst Nightmare |
2007 | "Matador" / "Da Frame 2R" | Favourite Worst Nightmare |
2007 | "Fluorescent Adolescent" | Favourite Worst Nightmare |
2007 | "Teddy Picker" | Favourite Worst Nightmare |
2009 | "Crying Lightning" | Humbug |
2009 | "Cornerstone" | Humbug |
2010 | "My Propeller" | Humbug |
2011 | "Don't Sit Down 'Cause I've Moved Your Chair" | Suck It and See |
2011 | "The Hellcat Spangled Shalalala" | Suck It and See |
2011 | "Suck It and See" | Suck It and See |
2012 | "Black Treacle" | Suck It and See |
2012 | "R U Mine?" | AM |
2012 | "Come Together" | Isles of Wonder (Londres 2012) |
2013 | "Do I Wanna Know?" | AM |
2013 | "Why'd You Only Call Me When You're High?" | AM |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]- Scummy Man, unha curtametraxe baseada na canción "When The Sun Goes Down"
Videoclips
[editar | editar a fonte]- "Fake Tales of San Francisco"
- "I Bet You Look Good On The Dancefloor"
- "When The Sun Goes Down"
- "The View from the Afternoon"
- "Leave Before The Lights Come On"
- "Brianstorm"
- "Fluorescent Adolescent"
- "Teddy Picker"
- "Crying Lightning"
- "Cornerstone"
- "My Propeller"
- "Brick by Brick"
- "Don't Sit Down 'Cause I've Moved Your Chair"
- "The Hellcat Spangled Shalalala"
- "Suck It and See"
- "Evil Twin"
- "Black Treacle"
- "You and I"
- "R U Mine?"
- "Do I Wanna Know?"
- "Why'd You Only Call Me When You're High?"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) "Monkeys let music do the talking", BBC News, 24 de febreiro de 2006.
- ↑ (en inglés) "Review: Arctic Monkeys". Matt Dyson, BBC. 5 de xuño de 2006.
- ↑ (en inglés) "Arctic Monkeys win Mercury Prize", BBC News, 6 de setembro de 2006.
- ↑ "Arctic Monkeys Play Storming Reading Headlining Set Before Hiatus", artigo de Stephanie Chase en Contactmusic.com, datado no mesmo día 24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arctic Monkeys |