Saltar ao contido

Arena da Baixada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estádio Joaquim Américo Guimarães
Arena da Baixada
Datos
Coordenadas25°26′54″S 49°16′37″O / -25.448333, -49.276944Coordenadas: 25°26′54″S 49°16′37″O / -25.448333, -49.276944
Localización Curitiba, Paraná
Brasil
AlcumeCaldeirão do Diabo
Construción
Inauguración6 de setembro de 1914
Renovación20 de xuño de 1999
14 de maio de 2014
ArquitectoClube Atlético Paranaense
CustoR$ 326 millóns (reforma de 2014)
Estadio
SuperficieBermuda Tifway 419
Dimensións105 × 68
Capacidade43.981
Asist. máxima31.000 (16/12 de 2001)
Paranaense 4-2 São Caetano
Prim. partidoInternacional-PR 1-7 Flamengo
PropietarioClube Atlético Paranaense
OperadoraClube Atlético Paranaense
LocalíaClube Atlético Paranaense
Webhttp://www.arenacap.com.br
Eventos
Mundial de Fútbol Brasil 2014
editar datos en Wikidata ]

O Estádio Joaquim Américo Guimarães é o estadio de fútbol do Clube Atlético Paranaense (CAP), localizado en Curitiba, capital do Estado do Paraná, Brasil. Coñecido como Arena da Baixada, o espazo foi o primeiro lugar do fútbol brasileiro en adoptar o nome patrocinado co título de Kyocera Arena entre 2005 e 1 de abril de 2008. Coa escolla de Curitiba para ser unha das sedes da Copa do Mundo de 2014, o estadio foi reformado entre 2012 e 2014, ampliando a súa capacidade aos padróns esixidos pola FIFA e pasando a ter máis de 43.000 lugares.[1]

Localizado no barrio do Água Verde, ten como punto diferencial a súa localización, próxima ao centro da capital paranaense. A historia do estadio do Atlético comezou a comezos do século XX, cando en 1914, Joaquim Américo Guimarães, entón presidente do Internacional (club que orixinaría o Clube Atlético Paranaense), mandou a construción do estadio Baixada da Água Verde. O Atlético xurdiu dez anos despois, herdando o patrimonio e bautizando o estadio co nome do principal responsábel da súa edificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Moderna, Arena da Baixada projeta espaço para 42 mil". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de maio de 2014.