Arethusana arethusa
Arethusana arethusa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Arethusana arethusa é unha especie de lepidóptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia Satyrinae. É a única especie do xénero Arethusana, descrita por Denis & Schiffermüller 1775, Viena, Austria.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arethusana arethusa é de cor ocre cunha ancha banda submarxinal amarela laranxa, e un visible ocelo negro no ápice das ás anteriores.
O dorso das anteriores é amarelo alaranxado bordeado máis ou menos amplamente de marrón, co visible ocelo negro discretamente pupilado ao ápice das ás anteriores mentres que o dorso das posteriores está marcado dunha banda clara e de nervaduras brancas ben visibles.
-
Macho, vista dorsal, Museo de Tolosa.
-
Macho, vista ventral, Museo de Tolosa.
Eiruga
[editar | editar a fonte]A súa eiruga é de cor beige con raias longitudinais cor marrón gastado.[1]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Univoltina, as Arethusana arethusa voa nunha xeración de mediados de xuño a comezos de setembro.[2]
Plantas hospedeiras
[editar | editar a fonte]As plantas hóspedes da súa eiruga son diversas, como as Festuca, as Dactylis, as Poa e Bromus erectus.[3]
Ecoloxía e distribución
[editar | editar a fonte]Arethusana arethusa está presente en Marrocos, no suroeste de Europa (España, Portugal, Francia), nos Balcáns (Eslovaquia, Albania, Grecia), Turquía e Oriente Medio até Armenia, sur de Rusia e suroeste de Siberia.[2][3]
En Marrocos, é A. arethusa aksouali, que é un endemismo das montañas do Toubkal.[4]
A Arethusana arethusa está presente na maioría dos departamentos da Francia metropolitana exceptuado os departamentos de Bretaña, de Vosgos, de Alto Saona e Alsacia, de Creuse, de Puy-de-Dôme, de Allier e de Alto Loira, de Pas-de-Calais, de Gers e Córsega.[5]
Biotopo
[editar | editar a fonte]A Arethusana arethusa gusta de zonas herbosas, arbustivas, marxes de bosque, e barrancos rochosos, voa até os 1 700 metros.
Sistemática
[editar | editar a fonte]A especie Arethusana arethusa foi descrita por Johann Nepomuk Cosmas, Michael Denis e Ignaz Schiffermüller en 1775, baixo o nome inicial de Papilio arethusa.[6] Foi reclasificada en 1951 polo entomólogo francés Hubert de Lesse no xénero monotípoco Arethusana.
Sinónimia
[editar | editar a fonte]- Papilio arethusa [Schiffermüller], 1775 Basónimo
- Papilio erythia Hübner, 1805
- Hipparchia arethusa [Otakar Kudrna]
- Arethusana dentata (Frayer, 1834)
- Satyrus boabdil Rambur, 1840
- Satyrus dentata Staudinger, 1871
Subespecies
[editar | editar a fonte]- Arethusana arethusa aksouali Wyatt, 1952 en Marrocos.
- Arethusana arethusa heptapotamica (Stauder, 1924)
- Arethusana arethusa pontica (Heyne, [1895].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mazzei, Paolo; Morel, Daniel; Panfili, Raniero (7 de xullo de 1999). "Moths and Butterflies of Europe and North Africa". www.leps.it (en inglés). Consultado o 2023-09-25.
- ↑ 2,0 2,1 Tolman & Lewington (2009)
- ↑ 3,0 3,1 "Arethusana". www.nic.funet.fi. Consultado o 2023-09-25.
- ↑ "Arethusana boabdil aksouali Wyatt, 1952". Biodiversité du Maroc. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012.
- ↑ Hoddé, Philippe Mothiron-Claire. "lepinet.fr - Arethusana arethusa - Le Mercure, le Petit Agreste". www.lepinet.fr (en francés). Consultado o 2023-09-25.
- ↑ [Schiffermüller], 1775 Ank. syst. Schmett. Wienergegend : 169, no. F. 16
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tolman, Tom; Lewington, Richard (2009). Guide des papillons d'Europe et d'Afrique du Nord : 440 espèces illustrées en 2000 dessins en couleurs (en francés). París: Delachaux et Niestlé. ISBN 9782603016497.
- Higgins, Lionel G.; Riley, Norman D. (1988). Guide des papillons d'Europe: rhopalocère (en francés). PArís: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-603-00638-2.