Saltar ao contido

Arisarum vulgare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arisarum vulgare

Detalle de A. vulgare
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Alismatales
Familia: Araceae
Subfamilia: Aroideae
Tribo: Arisareae
Xénero: 'Arisarum'
Especie: ''Arisarum vulgare''

Arisarum vulgare Targ.Tozz. é unha especie de planta fanerógama da familia das aráceas.

Espata.
No seu hábitat.
Ilustración.
Vista da planta.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Herba vigorosa, orixinaria de Asia e Europa. Distínguese de Arum italicum pola forma das follas e a inflorescencia. Ten o escapo manchado, a espata é pequena e pechada en forma de capucha, como as demais especies do xénero Arisarum. Os froitos son verdosos e capsulares.

Florece de decembro a marzo.

Podemos atopala en terreos herbosos e pedregosos, garrigas e bosques, principalmente en lugares frescos, con independencia da altura, desde o mar até as cimas máis altas. Son correntes en campos de almendoeiras e alfarrobeiros.

Principios activos e usos medicinais

[editar | editar a fonte]

As partes útiles son as follas e o rizoma. Como compoñentes activos destacan féculas, saponina e outras sustancias aínda non ben determinadas.

As principais propiedades son: laxante, diurética, expectorante, afrodisíaca, vulneraria, cicatrizante, bronquítica. O uso sería en forma de cataplasmas, combatendo as feridas, chagas, tose, etc.

Non é aconsellable facer uso interno desta planta, pois posúe unha alta toxicidade.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Arisarum vulgare foi descrita por Ottaviano Targioni Tozzetti e publicada en Annali do Museo Imperiale di Fisica e Storia Naturale di Firenze 2(2): 67. 1810.[1]

Etimoloxía

Arisarum: nome xenérico que deriva de "aresta", polo espádice da inflorescencia e "arum", a espata ou vaina que protexe a inflorescencia.

vulgare: epíteto latino que significa "vulgar, común".

Sinonimia

Arisarum arisarum (L.) Huth

  • Arisarum australe Rich.
  • Arisarum azoricum Schott
  • Arisarum balansae Schott
  • Arisarum crassifolium Schott
  • Arisarum forbesii Schott
  • Arisarum incurvatum Holmboe
  • Arisarum jacquinii Schott
  • Arisarum latifolium Bubani
  • Arisarum latifolium Hill
  • Arisarum libani Schott
  • Arisarum serpentrium Raf.
  • Arisarum sibthorpii Schott
  • Arisarum subalpinum Kotschy ex Engl.
  • Arisarum veslingii Schott
  • Arum arisarum L.
  • Arum arisarum Lour.
  • Arum calyptrale Salisb.
  • Arum incurvatum Lam.
  • Arum libani Schott
  • Balmisa vulgaris (Targ.Tozz.) Lag.
  • Calyptrocoryne cochinchinensis (Blume) Schott
  • Typhonium cochinchinense Blume[2]
  1. "Arisarum vulgare". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de xaneiro de 2013. 
  2. Sinónimos en EOL

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fichas: La Flora de Córdoba. Eugenio Domínguez e Jesús Muñoz

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]