Arlie R. Slabaugh
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1925 Condado de Preston, Virxinia Occidental. |
Morte | 26 de setembro de 2007 (82 anos) |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | Numismático. |
Arlie R. Slabaugh, nado o 26 de abril de 1925 en Virxinia Occidental e finado o 26 de setembro de 2007, foi un escritor e investigador numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arlie Slabaugh naceu nunha granxa próxima a Eglon, no condado de Preston, Virxinia Occidental.[1][2]
A súa afección pola numismática comezou na súa infancia. Ingresou na American Numismatic Association en 1941, con só 16 anos. A esa idade padeceu unha mastoidite que lle provocou a xordeira total.[2][3] Na Escola de xordos de Virxinia Occidental estudou Xornalismo e Imprenta.[1]
No ámbito editorial numismático comezou a ser coñecido cando foi nomeado editor adxunto da revista Numismatic Scrapbook en 1954, ao tempo que e convertera nun comerciante relevante de papel moeda mundial. Permaneceu nesa revista ata que en 1967 a compañía Franklin Mint lle ofreceu o posto de director de información numismática, que o obrigou a desprazarse a Chicago; ocupou este posto ata 1985.[1][2][3]
Os seus focos de interese como investigador e como autor foron as emisións de emerxencia en tempos de guerra, as moedas conmemorativas estadounidenses, os billetes de banco de pequeno tamaño e outros temas próximos á numismática, como as fichas comerciais e as medallas.[1]
Entre outras sociedades eruditas e asociativas, Slabaugh foi fundador e presidente da Token and Medal Society (TAMS) de 1978 a 1980 —e editor do seu TAMS Journal—, e pertenceu tamén á American Nuimismatic Association e ao Chicago Coin Club, que o recoñeceron con varios dos seus premios.[2][4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Arlie R. Slabaugh estivera casado con Margaret M. Williams, finada antes ca el, con quen tivo tres fillas.[3]
Slabaugh finou o 26 de setembro de 2007,[1][2] e foi soterrado no cemiterio Edgewood Memorial Park, en Pensilvania.[3][5][6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Estes son algúns dos premios máis relevantes dos que Arlie R, Slabaugh foi merecedor ao longo da súa carreira:[1][2][3]
- 1948: Premio Literario Heath, da American Numismatic Association (ANA).
- 1963: Premio Nathan Gold Memorial, da Society of Paper Money Colectors.
- 1966: Medalla ao Mérito do Chicago Coin Club.
- 1967: Medalla ao Mérito da Token and Medal Society (TAMS).
- 1981: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[7]
- 1989: Embaixador da revista Numismatic News.
- 1991: Medalla ao mérito da ANA.[8]
- 1997: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA. [8]
- 2004: Premio á traxectoria da ANA.[8]
- 2019: Incluído no Salón da Fama do Chicago Coin Club.[9][10]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Arlie R. Slabaugh escribiu un bo número de artigos en revistas numismáticas estadounidenses do seu tempo como Numismatic Scrapbook, The Numismatist, TAMS Journal ou Paper Money.[1] Estes son os principais traballos monográficos publicados por Arlie R. Salabaugh ao longo da súa traxectoria:[4]
- (1945). The German Inflation. A Study of the German Monetary Debacle After World War I. Spotlite Pub.
- (1945). Emergency Monies of the World 1914-1924. A Catalog of the Emergency Monies of World War I and the Post-War Inflation Period.
- (1956). Prisoner of War Monies and Medals. A Priced Catalog for Collectors from the 18th Century to the Present. Hewitt.
- (1956). Paper Money of the Mexican Revolution.
- (1958). Confederate States Paper Money. Whitman Pub.
- (1962). United States Commemorative Coins. Whitman Pub [varias reedicións posteriores].
- (1965). Prisoner of War Monies and Medals. Hewitt.
- (1966). Christmas Tokens and Medals. Chicago.
- (1967). U.S. and Foreign Encased Postage Stamps. Hewitt.
- (1969). Specialized Catalog of Small Size National Bank Notes. Hewitt.
- (1971). Japanese Invasion Money. Hewitt.
- (1981). American Centennial Tokens and Medals. Cunningham.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Slabaugh, Arlie R. (1925-2007)". En Coins Weekly.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012). Páxina 386.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Remembrances of Arlie Slabaugh". En The E-Sylum. Vol. 10. Nº 40. 7 de outubro de 2007.
- ↑ 4,0 4,1 Smith, P. (2012). Páxina 387.
- ↑ "Arlie R Slabaugh". Findagrave.com
- ↑ "Journalist Slabaugh dies". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Chicago Coin Club Inducts Arlie R. Slabaugh Into Hall of Fame". En Numismatic News. 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Hall of Fame – Chicago Coin Club – Member 10: Arlie R. Slabaugh". Chicago Coin Club (Chicagocoinclub.org).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Slabaugh, Arlie R.". En American Numismatic Biographies. Páxinas 386-387.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Arlie R. Slabaugh collection of direct mail literature, 1914-1955 and undated". Archives & Manuscripts (Archives.lib.duke.edu).