Armando da Silva Carvalho
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1938 ![]() Olho Marinho, Portugal (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1 de xuño de 2017 ![]() Caldas da Rainha, Portugal ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, tradutor, novelista, escritor ![]() |
Armando da Silva Carvalho, nado en Olho Marinho, Óbidos, o 28 de marzo de 1938 e finado en Caldas da Rainha o 1 de xuño de 2017, foi un poeta e tradutor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito, na Universidade de Lisboa, foi avogado, xornalista, profesor do ensino secundario e técnico publicitario.[1] Colaborou na Antologia de Poesia Universitária, en 1959, xuntamente con Ruy Belo, Fiama Hasse Pais Brandão, Luiza Neto Jorge, Gastão Cruz, entre outros, e tamén na Quadrante,[2] revista da Asociación Académica da Facultade de Dereito de Lisboa, iniciada en 1958. Publicou Lírica Consumível en 1965, que marcou o inicio da súa obra poética e que lle valeu o Premio Revelación da Sociedade Portuguesa de Autores. A súa escrita está marcada por un timbre de mordacidade, sarcasmo e figuracións da pulsión sexual.
Sen filiarse en ningunha tendencia contemporánea, mais beneficiándose das súas adquisicións, a poesía de Armando Silva Carvalho xunta rigor prosódico coa expresión crítica e irónica da existencia [3]
Das obras de ficción salienta Portuguex, publicada en 1977. Desde a década de 1960 colaborou en moitos xornais e revistas (Diário de Lisboa, Jornal de Letras, O Diário, Poemas Livres, Colóquio-Letras, Hífen, As Escadas Não Têm Degraus, Sílex, Nova, Via Latina, Loreto 13, entre outras). Foi incluído na IV Líricas Portuguesas, en 1969, antoloxía poética organizada por António Ramos Rosa e desde entón ten estado representado na xeneralidade das antoloxías de poesía portuguesa.
Morreu o 1 de xuño de 2017, no Montepio Raíña D. Leonor, nas Caldas da Ranha, aos 79 anos de idade, vítima de cancro.[4][5]
Traduciu obras de Margueritte Duras, Samuel Becket, Jean Genet etc.[6] Está traducido en castelán, ruso, francés, inglés, sueco, letón, alemán, italiano e neerlandés.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Lírica Consumível (1965).
- O Comércio dos Nervos (1968).
- Os Ovos de Oiro (1969).
- O Peso das Fronteiras (1972).
- Antologia Poética (1976).
- Armas Brancas (1977).
- Eu era desta Areia (1977).
- Técnicas de Engate (1979).
- Sentimento de Um Ocidental (1981).
- O Livro de Alexandre Bissexto (1983). Presença.
- Canis Dei (1995). O Cão de Deus (1995). Relógio D'Água.
- Obra Poética (1965-1995) (1998). Porto, Afrontamento
- Lisboas (2000).
- Três Vezes Deus (2001). Con Ana Marques Gastão e António Rego Chaves.
- O Amante Japonês (2008). Assírio & Alvim
- Anthero, Areia & Água (2000). Assírio & Alvim.
- Sol a Sol (2005). Assírio & Alvim.
- O Que Foi Passado a limpo (2007). Assírio & Alvim.
- De Amore (2012). Assírio & Alvim.
- A sombra do mar (2016). Assírio & Alvim.
Prosa
[editar | editar a fonte]- O Alicate – Textos Fisiológicos (1972).
- O Uso e o Abuso (1976).
- Portuguex (1977). Novela.
- Donamorta (1984). Novela.
- A Vingança de Maria de Noronha (1988). Vega. Novela.
- Em Nome da Mãe (1994). Porto, Afrontamento. Novela.
- O Homem que sabia a Mar (2001). Dom Quixote.
- O Menino ao Colo. Momentos, Falas, Lugares do Sublime Santo António (2003). Assírio & Alvim.
- Elena e as Mãos dos Homens (2004). Assírio & Alvim.
- O Livro do Meio (2006). Con Maria Velho da Costa. Caminho.
Teatro
[editar | editar a fonte]Auto do Branco de Neve (2007). En Panos 2007. Culturgest.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1965: Premio de Revelação da APE, por Lírica Consumível.
- 1996: Premio PEN Clube Portugués de Poesía.
- 2000: Premio Luís Miguel Nava, por Lisboas.
- 2001: Premio Fernando Namora, por O Homem que sabia a Mar.
- 2008: Grande Premio de Poesía APE/CTT, por O Amante Japonês.
- 2014: Grande Premio de Literatura dst, por De Amore.[7]
- 2016: Premio Autores, por A sombra do mar.
- 2016: Premio PEN Clube Portugués de Poesía, por A sombra do mar.
- 2016: Premio Literario Fundação Inês de Castro, por A sombra do mar.
- 2017: Premio Literario Casino da Póvoa, por A sombra do mar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fidelizarte. "Armando Silva Carvalho". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-06-06.
- ↑ "Quadrante [1958-1963]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. Consultado o 2020-06-06.
- ↑ Infopédia. "Armando Silva Carvalho - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-06.
- ↑ "Morreu o poeta Armando Silva Carvalho - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06.
- ↑ "Óbito/Armando Silva Carvalho: Funeral realiza-se sexta-feira em Olho Marinho - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06.
- ↑ "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-06.
- ↑ S.A, Innovation Point. "Armando da Silva Carvalho gana el Gran Premio de Literatura dst". dst group. Consultado o 2020-06-06.