Saltar ao contido

Arnaut Daniel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArnaut Daniel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1150 Editar o valor en Wikidata
Ribérac, Francia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1210 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Ribérac, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador, escritor, poeta, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1180 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata -
MovementoMúsica medieval (pt) Traducir e poesia trovadoresca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New International Encyclopedia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX833382 Musicbrainz: 24977da1-3d52-4940-acba-d3cb5a0794e1 Discogs: 1143904 Editar o valor en Wikidata
Arnaut Daniel.

Arnaut Daniel, nado en Ribérac (Perigord) cara a 1150 e finado cara a 1200, foi un trobador medieval occitano, coñecido por ser o representante principal dunha escola de estilo, o trobar ric, e a quen se atribúe a creación da sextina, forma poética que representa a culminación desta escola.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pese a ser considerado un dos máximos expoñentes da lírica occitana medieval, apenas se coñece nada acerca da vida deste trobador. A partir de dúas referencias (unha autobiográfica na súa propia obra e outra nun sirventés do Monxe de Montaudon, os expertos sitúan a madureza poética e vital de Arnaut Daniel entre os anos 1180 e 1200. Nado en Ribeirac (actual departamento francés de Dordogne), sábese que estudou letras e exerceu a xograría, trazo que ten en común con outros importantes trobadores como Raimbaut de Vaqueiras ou Uc de Saint Circ. Unha última referencia poética na razó dunha das súas poesías fala da súa estancia en Peitieus (Poitiers), na corte pictavina de Ricardo Corazón de León (1189-1191 e 1194-1199).

Foron supostamente dúas as damas obxecto das súas composicións poéticas: unha aragonesa, Laura, nome que inclúe en varios xogos de palabras (laurs, l'aura) e que tempo máis tarde inspiraría ao propio Petrarca, e unha dama gascona designada co senhal (alcume) Mieills-de-Ben.

Consérvanse 18 poesías de Arnaut Daniel, das que 11 son de atribución segura, catro aparecen atribuídas a el na meirande parte dos Cancioneiros, e as tres restantes presentan dúbidas sobre a súa autoría. De todas elas só unha é un sirventés de argumento xocoso e o resto son cansós de tema amoroso.

Trobar ric

[editar | editar a fonte]

Por riba de calquera outra consideración, son dous os trazos fundamentais que caracterizan a obra de Arnaut Daniel e que, ademais, se atopan estreitamente emparentados: unha forma poética, a sextina, e unha escola de estilo, o trobar ric, caracterizado pola gran riqueza e complicación formal dos seus versos e por un recargamento da forma e unha selección peculiar do vocabulario e da rima orientado a dificultar a comprensión. Oponse ao trobar clus, que tivo como máximo representante ao poeta Marcabrú, e que se caracterizaba por prestar maior atención ao contido, á transmisión da mensaxe. Algúns séculos máis tarde atoparemos unha oposición moi semellante na literatura castelá dos Séculos de Ouro entre o Culteranismo (representado por Góngora) e o Conceptismo (Quevedo).

Dentro deste culto á forma característica do trobar ric, a sextina é súa forma poética máis representativa, e Arnaut Daniel, considerado por moitos o seu creador, constitúese no seu máximo representante, ata o punto de ser descrito por Dante como "il miglior fabbro del parlar materno" (Divina Comedia), o mellor artesán en lingua vulgar.

Arnaut Daniel é entón un artista da palabra que tenta introducir unha linguaxe novidosa baseada nunha serie de trazos de estilo que constitúen o trobar ric. O máis importante destes trazos de estilo é o uso da rima cara, na que se combinan a sonoridade e o coidado na selección da rima mediante o uso en posición de rima de palabras moi pouco frecuentes ou cunha resonancia fónica que provocan estrañeza no lector.

En breu brisara·l tems braus
e·ill brisa busin'els brancs

O uso destas técnicas de estilo é o que lle proporciona a Arnaut Daniel a súa fama de poeta difícil e escuro.

Dir strano e o uso do adynaton

[editar | editar a fonte]

Ademais de Dante, tamén Petrarca consideraba a Arnaut Daniel un dos seus grandes mestres, e chega a definir a súa obra como dir strano, en referencia ao seu vocabulario rebuscado e orixinal, ao uso de imaxes estrañas (por exemplo "frear a meixela" co significado de calar) e incluso algún hápax.

Fra tutti il primo Arnaldo Daniello,
gran maestro d'amor, ch'a la sua terra
ancor fa onor col suo dir strano e bello.

Petrarca

En relación con todos estes fenómenos está a práctica do adynaton ou contrasentido, figura retórica consistente na enumeración de imposíbeis que deu lugar ao tópico medieval do mundo do revés, presente nos Carmina Burana. En Arnaut Daniel os adynaton son un recurso poético máis que poñen de manifesto a mestría artística do poeta.

Ieu sui Arnautz qu'amas 'aura,
e chatz la lebre ab lo bou
e nadi contra suberna.

(Eu son Arnaut que pode recoller o vento, e cazo a lebre co boi e nado contra corrente)

Este dir strano do que falaba Petrarca, mediante a combinación de figuras do significado (vocabulario orixinal, adynaton) e figuras do significante (aliteracións, rima cara etc.), dá lugar ao dir bello, cheo de imaxes (por exemplo "o sol chove" para indicar que se pon no mar) e xogos de palabras e sons que parecen esconder significados ocultos.

Mostra da súa obra

[editar | editar a fonte]
En cest sonet coind'e leri
I

En cest sonet coind'e leri
fauc motz e capuig e doli,
e serant verai e cert
quan n'aurai passat la lima;
qu'Amors marves plan'e daura
mon chantar, que de liei mou
que pretz manten e governa.

II

Tot jorn meilleur et esmeri
car la gensor serv e coli
del mon, so·us dic en apert.
Sieus sui del pe tro qu'en cima,
e sitot venta·ill freid'aura,
l'amors qu'inz el cor mi plou
mi ten chaut on plus iverna.

III

Mil messas n'aug e·n proferi
e·n art lum de cera e d'oli
que Dieus m'en don bon issert
de lieis on no·m val escrima;
e quan remir sa crin saura
e·l cors gai, grailet e nou
mais l'am que qui·m des Luserna.

IV

Tant l'am de cor e la queri
c'ab trop voler cug la·m toli
s'om ren per ben amar pert.
Qu'el sieus cors sobretacima
lo mieu tot e non s'eisaura;
tant a de ver fait renou
c'obrador n'a e taverna.

V

No vuoill de Roma l'emperi
ni c'om m'en fassa apostoli,
qu'en lieis non aia revert
per cui m'art lo cors e·m rima;
e si·l maltraich no·m restaura
ab un baisar anz d'annou
mi auci e si enferna.

VI

Ges pel maltraich qu'ieu soferi
de ben amar no·m destoli
sitot me ten en desert,
c'aissi·n fatz los motz en rima.
Pieitz trac aman c'om que laura,
c'anc plus non amet un ou
cel de Moncli N'Audierna.

VII (tornada)

Ieu sui Arnautz qu'amas l'aura,
e chatz la lebre ab lo bou
e nadi contra suberna.

(edición de Martí de Riquer)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rita Lejeune: "Le troubadour Arnaut Daniel et La Chanson de Guillaume", Le Moyen Âge, páxinas 347-357, 1963.
  • Antonio Prieto: "La sextina provenzal en la estructura narrativa", Ensayo semiológico de sistemas literarios, Barcelona: Planeta, páxinas 105-133, 1972.
  • Martín de Riquer: "Arnaut Daniel", Los trovadores. Historia literaria y textos, Barcelona: Ariel (3 volumes), páxinas 605-646, 1975.
  • Martí de Riquer (director): "Arnaut Daniel", Història de la literatura catalana. Barcelona: Ariel (11 volumes), 1984.
  • Aurelio Roncaglia: "L'invenzione della sestina", Metrica, II, Milán: Ricciardi Editore, 3-41, 1981.
  • Paolo Canettieri: "Il gioco delle forme nella lirica dei trovatori", Roma: Bagatto, 1996.

Edicións críticas

[editar | editar a fonte]
  • Maurizio Perugi (editor): Le Canzoni di Arnaut Daniel, Milán: Riccardo Ricciardi, 1978 (2 volumes).
  • Martí de Riquer (editor): Poesías / Arnaut Daniel, Barcelona: Quaderns Crema, 1994.
  • Mario Eusebi (editor): Il sirventese e le canzoni / Arnaut Daniel, Milán: All'Insegna del Pesce d'Oro, 1984.
  • M. Gianluigi Toja (editor): Canzoni, Firenze: Sansoni, 1961.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]