Arnoglossus capensis
Arnoglossus capensis Rapapelos do Caboo | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Arnoglossus capensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos do Cabo.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1898 polo ictiólogo británico de orixe belga George Albert Boulenger.
Ademais de por este nome orixinario, coñécese tamén polo sinónimo Arnoglossus entomorhynchus Stauch, 1967
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]- Xénero
Véxase en Austroglossus.
- Especie
O nome específico, capensis "do cabo", deriva do cabo da Boa Esperanza, en cuxas augas vive a especie.
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]
- Corpo deprimido, ovalado, de até os 20 cm de lonxitude como máximoo.
- As aletas dorsal e anal unidas á caudal.
- Aleta dorsal con de 96 a 103 raios (brandos), e a anal con de 73 a 82 raios (igualmente brandos).
- Coloración, no lado pigmentado, parda clara, con pequenas manchas máis escuras.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre 1 e os 200 m. Distribúese polas costas atlánticas de África, entre os 20° N e os 35° S, desde Mauritania até O Cabo e Natal (Suráfrica).[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Vive sobre fondos areosos, fangosos* e con cunchas.[3]
Pesca
[editar | editar a fonte]O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnoglossus capensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae" en J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; & UNESCO, París. Vol. 2 pp. 1027-1036.
- Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arnoglossus capensis en Encyclopedia of Life (en inglés)
- Austroglossus microlepisArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. (en inglés)