Arpexo
Aparencia
Un arpexo[1], ou arpexio[2], é un acorde interpretado tocando as notas que o forman en sucesión, no canto de simultaneamente. A palabra provén do italiano arpeggio, que significa "á maneira da arpa". As formas máis estendidas de executalos son:
- Permitindo que as notas graves soen mentres se executa o resto do acorde, tomando así un certo soporte de baixo: isto é habitual cando o acorde incorpora polo menos menos dúas oitavas.
- Tocando as notas illadas, de xeito que soen notas soltas: isto é habitual cando o acorde interpretado non vai alén da oitava da nota fundamental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arpexo.
- ↑ Gran Dicionario Xerais da Lingua, Xosé María Carballeira Anllo, Carme Hermida Gulías, Primitivo Iglesias Sierra, Carme Ares Vázquez, Xosé María Lema, Rosa López Fernández, Xosé María Carballeira Anllo (Coordinador), 2009, Edicións Xerais