Arquidiocese católica latina de Moscova
Archidioecesis Moscoviensis Matris Dei (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Província eclesiástica católica (pt) | Provincia eclesiástica católica latina de Moscova | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 58.000.000 (2019) (22,06 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua rusa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.629.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | Roman Catholic Diocese of Kharkiv-Zaporizhzhia (en) , Suroeste Diocese de Tallinn (pt) , noroeste Diocese of Helsinki (en) , noroeste Prelatura territorial católica latina de Tromsø, noroeste Roman Catholic Diocese of Transfiguration at Novosibirsk (en) , leste Roman Catholic Diocese of Rēzekne-Aglona (en) , oeste arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ, oeste diocese de Viciebsk, oeste Roman Catholic Diocese of Kyiv-Zhytomyr (en) , Suroeste diocese de Pinsk, Suroeste diocese de San Clemente en Saratov, sueste | ||||
Catedral | Catedral da Imaculada Conceição da Virgem Santa Maria (pt) | ||||
Sitio web | cathmos.ru |
A arquidiocese da Nai de Deus en Moscova (en latín: Archidioecesis Moscoviensis Matris Dei; en ruso: Архиепархия Божией Матери в Москве) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 tiña arredor de 200.000 bautizados sobre unha poboación total de 58 820 000 habitantes. Dende 2007, o seu arcebispo é Paolo Pezzi.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue un amplo territorio, correspondente á parte setentrional e central da Rusia europea. A sé arcebispal é a cidade de Moscova, onde está a catedral da Nai de Deus. O territorio está organizado en 63 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 13 de abril de 1991 foi erixida a administración apostólica da Rusia europea, en territorios até entón pertencentes á diocese de Vladivostok.
O 30 de decembro de 1993 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica do Cáucaso.
O 23 de novembro de 1999 mudou o seu nome polo de administración apostólica da Rusia europea setentrional, e cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica da Rusia europea meridional.
O 11 de febreiro de 2002 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana, e mudou o seu nome polo de Nai de Deus en Moscova.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Administradores apostólicos da Rusia europea
- Tadeusz Kondrusiewicz (13 de abril de 1991 – 23 de novembro de 1999)
- Administradores apostólicos da Rusia europea setentrional
- Arcebispos metropolitanos da Nai de Deus en Moscova
- Tadeusz Kondrusiewicz (11 de febreiro de 2002 - 21 de setembro de 2007, nomeado arcebispo de Minsk-Mahilioŭ)
- Paolo (Pavel) Pezzi (21 de setembro de 2007 - actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |