Diocese católica latina de Pinsk
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Província eclesiástica católica (pt) | ecclesiastical province of Minsk-Maguilov (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.800.000 (2019) (38,51 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua belarusa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72.700 km² | ||||
Comparte fronteira con | Roman Catholic Diocese of Lutsk (en) , Suroeste Roman Catholic Diocese of Grodno (en) , noroeste Arquidiocese católica latina de Minsk-Mahilioŭ, norte Arquidiocese católica latina de Moscova, leste Arquidiocese de Białystok (pt) , noroeste Roman Catholic Diocese of Siedlce (en) , oeste Roman Catholic Diocese of Drohiczyn (en) , oeste Roman Catholic Diocese of Kyiv-Zhytomyr (en) , sueste | ||||
Creación | 28 de outubro de 1925 | ||||
Santo padrón | Andrzej Bobola | ||||
Catedral | Cathedral of Name of the Blessed Virgin Mary (en) | ||||
Sitio web | pcd.by… | ||||
A diocese de Pinsk é unha sé da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. En 2004 tiña 50.000 bautizados sobre unha poboación total de 3 100 000 habitantes. O seu bispo é, dende 2012, Antonij Dziamjanka.
Territorio
[editar | editar a fonte]A diocese abrangue as rexións de Brest e de Homieĺ.[1] A diocese limita polo norte coa arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e coa diocese de Hrodna, ao leste coa arquidiocese de Moscova, ao sueste coa diocese de Kíiv-Zhytomyr, e ao oeste coas sés de Lutsk, Siedlce, Drohiczyn e Białystok.
A sé episcopal é a cidade de Pinsk, onde está a Catedral da Asunción da Virxe María.[2] O territorio está dividido en 5 vigairías e 60 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese foi erixida o 28 de outubro de 1925 polo papa Pío XI coa bula Vixdum Poloniae unitas. Inicialmente foi sufragánea da arquidiocese de Vilnius.[2]
O 13 de abril de 1991, coa bula Quia ob rerum de Xoán Paulo II, sufriu algunhas variacións territoriais e pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ.[1]
O 5 de xuño de 1991 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Drohiczyn.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Zygmunt Łoziński (28 de outubro de 1925 - 26 de marzo de 1932, finado)
- Kazimir Bukraba (10 de xullo de 1932 - 6 de maio de 1946, finado)
- Władysław Jędruszuk (administrador apostólico, 1967 - 13 de abril de 1991
- Kazimierz Świątek (administrador apostólico, 13 de abril de 1991 - 30 de xuño de 2011)
- Tadeusz Kondrusiewicz (administrador apostólico, 30 de xuño de 2011 - 3 de maio de 2012)
- Antonij Dziamjanka (3 de maio de 2012 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Libreria Editrice Vaticana, ed. (13 de abril de 1991). "Quia ob rerum: Constitutio apostolica Pinskensis territorium aptius definitut simulque dioecesis pinskensis suffraganea archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis declaratur". Acta Apostolicae Sedis. LXXXIII (7): 542–543.
[...] ut dioecesis Pinskensis Latinorum fines comprehenderent etiam duas regiones, quibus vulgo nomen Brest et Gomel', atque ut suffraganea fieret Archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis noviter creatae
(en latín). - ↑ 2,0 2,1 Libreria Editrice Vaticana, ed. (28 de outubro de 1925). "Vixdum Poloniae unitas: Ditionis Polonicae de nova dioecesium latini ritus circumscriptione" (PDF). Acta Apostolicae Sedis XVII: 521–528.
Tertia ecclesiastica provincia Vilnensis nuncupabatur, quae proinde constabit sede metropolitae Vilnensi, nec non suffraganeis Łomżensi et Pinskensi. [...] Dioecesis Pinskensis, cum ecclesia cathedrali sub titulo Assumptionis Beatae Mariae Virginis in civitate Pińsk, in palatinatu Polessiae, constituetur decanatibus [...]
(en latín).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil na páxina web oficial da Conferencia Episcopal Belarusa (en belaruso) (en ruso) (en inglés) (en polaco) (en alemán).
- Perfil en Catholic-Hierarchy.org (en inglés).
- Perfil en GCatholic.org (en inglés).