Saltar ao contido

Kazimierz Świątek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Eminencia Editar o valor en Wikidata
Kazimierz Świątek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Valga, Imperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xullo de 2011 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Pinsk, Belarús Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCathedral of Name of the Blessed Virgin Mary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
26 de novembro de 1994 –
Roman Catholic Archbishop of Minsk-Mohilev (en) Traducir
21 de maio de 1991 –
← Zygmunt Łoziński
Administrador apostólico
13 de abril de 1991 – 30 de xuño de 2011
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo polaco Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónGymnázium Tadeusze Rejtana (en) Traducir
Wyższe Seminarium Duchowne w Pińsku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1991–), sacerdote católico (1939–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónTadeusz Kondrusiewicz Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 73692572 Editar o valor en Wikidata

Kazimierz Świątek (en belaruso: Казімір Свёнтак, "Kazimir Sviontak"), nado o 21 de outubro de 1914 en Valga (Imperio Ruso, hoxe Estonia) e finado o 21 de xullo de 2011 en Pinsk (Belarús), foi un eclesiástico e cardeal católico latino de etnia polaca, que exerceu o seu labor pastoral principalmente en Belarús. Foi arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ entre 1991 e 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Świątek, o maior de dous irmáns, naceu de pais polacos o 21 de outubro de 1914 en Valga, entón parte do Imperio Ruso (hoxe Estonia).[1][2][3][4] Xunto a súa nai e ao seu irmán, foron deportados a Siberia durante a Revolución Rusa de 1917,[2] e o seu pai morreu loitando na guerra polaco-soviética. A partir de 1922, Kazimierz Świątek viviu en Polonia, onde logo de completar os seus estudos de Filosofía e Teoloxía no seminario de Pinsk,[2] foi ordenado sacerdote o 8 de abril de 1939[1][3] polo bispo de Pinsk Kazimir Bukraba; posteriormente traballou nunha parroquia de Pružany.[4]

A Unión Soviética ocupou Pinsk logo da división de Polonia pactada entre nazis e soviéticos en 1939. Świątek foi arrestado pola NKVD en abril de 1941, e permaneceu no corredor da morte en Brest por dous meses, nos que foi brutalmente interrogado.[3][4] Świątek fuxiu da cadea aproveitando a confusión creada pola invasión nazi da Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, e volveu a Pružany.[1][3][4] En decembro de 1944, a NKVD arrestouno novamente.[2] Ao ano seguinte foi sentenciado a 10 anos de traballos forzados nun campo de concentración.[2][3] Pasou dous anos en Mariinsk (Kemerovo) e oito en Vorkutlag no norte de Rusia, traballando na taiga e nas minas de carbón; as condicións de traballo eran de frío extremo, e Świątek sufriu secuelas nas pernas e na cara.[3][4] Durante este tempo, celebraba misa en segredo, empregando unha cunca cerámica como cálice, e agochando a eucaristía nunha caixa de mistos para distribuila aos reclusos.[4] Foi liberdado en xuño de 1954, e volveu a Pinsk, onde foi párroco da catedral.[1][2][4]

En 1988 o papa Xoán Paulo II nomeouno monseñor, e en 1989 foi nomeado vigairo xeral.[1][4] O mesmo papa nomeouno en 1991 arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ e administrador apostólico de Pinsk.[1][2][4] No consistorio do 26 de novembro de 1994 creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Gerardo Maiella.[1][2][4][5]

Foi tamén elixido primeiro presidente da Conferencia dos Bispos Católicos de Belarús.[2][4] Como figura máis recoñedida da Igrexa en Belarús, mantivo unha posición coidadosa co réxime de Lukašenka, evitando entrar en temas políticos, mais manténdose firme cos que tiñan implicación relixiosa.[4]

En xullo de 2006, o papa Bieito XVI aceptou a renuncia de Świątek, xa con 91 anos de idade, ao cargo de arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ, mais permaneceu como administrador apostólico de Pinsk até o 30 de xuño de 2011. Nese momento, a Igrexa medrara en Belarús, chegando ás 400 parroquias e aos case 400 sacerdotes nativos.[4] Finou pouco despois, o 21 de xullo do mesmo ano.[6]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Lentz III, Harris M. (2009). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland. p. 183. ISBN 9781476621555. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Nir, Roman; Szczerbiński, Marek; Wasilewski, Krzysztof (2012). W nieustannej trosce o polską diasporę (en polaco). Polska w Świecie. p. 133. ISBN 9788393351015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 O'Grady, Desmond (1995). The Turned Card: Christianity Before and After the Wall (en inglés). Gracewing Publishing. pp. 39–40. ISBN 9780852443033. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Luxmoore, Jonathan (5 de outubro de 2011). "The cardinal who triumphed over Stalin". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2017. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  5. Weigel, George (2009). Witness to Hope: The Biography of Pope John Paul II (en inglés). Zondervan. p. 738. ISBN 9780061758645. 
  6. Wooden, Cindy (22 de xullo de 2011). "Cardinal who survived gulag dies aged 96". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  7. "Glaube in der 2. Welt: G2W". Glaube in der 2. Welt: G2W (en alemán) (Zúric) 35. 2007. ISSN 0254-4377. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Królak, Stanisław M (2016). "Wierność powołaniu – ksiądz Kazimierz Świątek (1914-2011)". Rocznik Teologii Katolickiej (en polaco) (Wydawnictwo Uniwersytetu w Białymstoku) XV (1): 149–179. ISSN 1644-8855. doi:10.15290/rtk.2016.15.1.10. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
(administrador apostólico)
 Arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ 
1991 - 2006
Sucesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
Predecesor:
Władysław Jędruszuk
 Administrador apostólico de Pinsk 
1991 - 2011
Sucesor:
Tadeusz Kondrusiewicz