Kiryl Klimovič
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1952 ![]() Amangeldi, Kazakhstán ![]() |
Administrador apostólico | |
2004 – Diocese: Apostolic Prefecture of Juzno-Sachalinsk (en) ![]() | |
Bispo diocesano | |
17 de abril de 2003 – ← Jerzy Mazur Diocese: diocese de San Xosé en Irkutsk | |
Bispo titular de Arba | |
13 de outubro de 1999 – 17 de abril de 2003 ← Jan Paweł Lenga – Zacarias Cenita Jimenez (en) ![]() Diocese: Arba titular see (en) ![]() | |
Bispo auxiliar | |
13 de outubro de 1999 – 17 de abril de 2003 Diocese: arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Wyższe Seminarium Duchowne Metropolii Warmińskiej "Hosianum" (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1999–), sacerdote católico (1980–) ![]() |
Consagración | Kazimierz Świątek ![]() |
Premios | |
Kiryl Klimovič[1] (en belaruso: Кірыл Клімовіч; adaptado ao ruso: Кирилл Климович), nado en Amangeldi[2] (distrito de Eñbekşiqazaq, rexión de Almatı, R.S.S. de Kazakhstán) o 5 de novembro de 1952[2] é un eclesiástico católico latino belaruso, bispo de Irkutsk dende 2003.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Amangeldi, na R.S.S. de Kazakhstán, o 5 de novembro de 1952, nunha familia belarusa, que en 1956 volveu á R.S.S. de Belarús, e que posteriormente emigrou á República Popular de Polonia.
Logo da escola secundaria, ingresou en 1974 no seminario maior en Olsztyn. O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote[2] polo bispo de Warmia Józef Glemp, e exerceu durante dez anos o seu ministerio en Polonia.
En xullo de 1990 pasou a ser reitor de Hlybokaje, en Belarús. O 13 de outubro de 1999 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e bispo titular de Arban.[2] Recibiu a consagración episcopal o 4 de decembro de 1999[2] de mans do cardeal Kazimierz Świątek.[3]
O 17 de abril de 2003[2] o mesmo papa nomeouno bispo de Irkutsk.