Arquieparquía católica eritrea de Asmara
Archieparchia Asmarensis (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 3.539.186 (2018) (66,55 hab./km²) | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 53.183 km² | |||
Creación | 4 de xullo de 1930 | |||
Catedral | Kidane Mehret Cathedral, Asmara (en) | |||
Páxina web | catholicasmara.com |
A arquieparquía de Asmara (en latín: Eparchia Asmarensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Eritrea, parte da Igrexa Católica. Até o 19 de xaneiro de 2015 formaba parte da Igrexa Católica Etíope.[1] En 2012 contaba con 67.314 bautizados sobre unha poboación total de 3 934 000 habitantes. Actualmente está dirixida polo eparca Menghistear Tesfamariam, M.C.C.I.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- 1930 - Creación do ordinariato de Eritrea.
- 1951 - Elevado a exarcado apostólico de Asmara.
- 1961 - Elevado a eparquía de Asmara.
- 2015 - Elevada a arquieparquía metropolitana de Asmara.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía comprende a parte centro-meridional de Eritrea. A sé eparquial é a cidade de Asmara, onde está a Catedral Kidane Mehret.
A eparquía é de rito etíope; porén, ao non haber dioceses da Igrexa Latina en Eritrea, a xurisdición esténdese tamén aos católicos latinos.
O territorio ten unha superficie de 23.686 km² e está subdividido en 74 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O ordinariato de Eritrea para os fieis da Igrexa católica etíope foi erixido o 4 de xullo de 1930,[2][3] con xurisidición sobre ditos fieis, anteriormente suxeitos á vigairía apostólica católica latina de Eritrea, e pasando este último, por tanto, a ter só xurisdición sobre os fieis de rito latino. Foi nomeado como ordinario o bispo Kidane-Mariam Kassa.[4]
O 31 de outubro de 1951 o ordinariato foi elevado a exarcato apostólico de Asmara,[2][3] coa bula Aethiopica Alexandrini do papa Pío XII. O 20 de febreiro de 1961 foi elevado a eparquía.[2]
O 21 de decembro de 1995 cedeu parte do seu territorio para erixir as eparquías de Barentu[5] e de Keren.[6] O 24 de febreiro de 2012 cedeu novamente parte do seu territorio para erixir a eparquía de Segheneyti.
O 19 de xaneiro de 2015 o papa Francisco elevou a eparquía ao rango de arquidiocese metropolitana, facendo ao resto de eparquías eritreas sufragáneas dela, e estabeleceu a Igrexa Católica Eritrea como igrexa particular diferenciada da Igrexa Católica Etíope.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Ordinarios de Eritrea
- Kidane-Mariam Kassa (4 de xullo de 1930 - 1 de setembro de 1951, finado)
- Exarcas apostólicos de Asmara
- Ghebre Jesus Jacob (24 de febreiro de 1951 (nomeado) - febreiro de 1958, renuncia)
- Asrate Mariam Yemmeru (3 de febreiro de 1958 (nomeado) - 20 de febreiro de 1961, elevación da sé)
- Eparcas de Asmara
- Asrate Mariam Yemmeru (20 de febreiro de 1961 - 9 de abril de 1961, nomeado arcebispo de Adís Abeba)
- François Abraha (9 de abril de 1961 - 17 de xullo de 1984, renuncia)
- Zekarias Yohannes (17 de xullo de 1984 - 25 de xuño de 2001, retirado)
- Menghesteab Tesfamariam (25 de xuño de 2001 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Universidade Católica de América (2003). Thomson/Gale, ed. New Catholic encyclopedia 5 (2 ed.). p. 320. ISBN 9780787640040.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Secretariado de Estado da Santa Sé (edición) (2009). Libreria Editrice Vaticana, ed. Annuario Pontificio 2009. p. 62. ISBN 9788820981914.
- ↑ 3,0 3,1 Attwater, Donald (1961). Churches in communion with Rome (en inglés). Thomas More Books.
[...] in 1930 an ordinariate of Eastern rite was formed in that Italian colony, Abuna Khidane Mariam Kassa being appointed its first bishop. In 1951 this became an exarchate, with its centre at Asmara [...] [[...] en 1930 formouse un ordinariato de rito oriental nesa colonia italiana, sendo nomeado o Abuna Khidane Mariam Kassa como primeiro bispo. En 1951 converteuse nun exarcado, co seu centro en Asmara [...]]
- ↑ Universidade Católica de Lovaina (2005). "Revue d'histoire ecclésiastique" 100 (3-4): 1010. ISSN 0035-2381.
- ↑ Annuario Pontificio 2009. 2009. p. 89.
- ↑ Annuario Pontificio 2009. 2009. p. 363.