Arroaz de Fraser
Lagenodelphis hosei | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lagenodelphis hosei Fraser, 1956 [2] | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Lagenodelphis hosei
|
O arroaz de Fraser[3] (Lagenodelphis hosei) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Lagenodelphis, que habita en augas profundas do océano Pacífico e, en menor medida, dos océanos Índico e Atlántico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]En 1895, Charles E. Hose [4] encontrou un cranio nunha praia de Sarawak, Borneo, que doou ao Museo Británico. O cranio permaneceu sen investigar até 1956, cando Francis Fraser [5] o examinou e concluíu que era similar aos das especie dos xéneros Lagenorhynchus e Delphinus pero que non pertencía a ningunha delas. Así que creou un novo xénero cuxo nome construíu unindo estes dous nomes: [Lageno]delphis e [Delphis]. O nome específico foi unha homenaxe ao descubridor e doador do cranio.[6]
Até 1971 non se viron individuos vivos deste arroaz, nas illas Cocos, no Pacífico oriental, en Australia Meridional e en Suráfrica. Desde aquela, fixéronse moitos avistamentos, e non parece ser tan raro como se pensou ao principio. De todos os xeitos aínda se coñece bastante mal.[7]
Características
[editar | editar a fonte]Miden aproximadamente 1 m de longo e pesan uns 20 kg ao nacer, e poden chegar até 2,75 m e 200 kg na idade adulta.
Algunhas das súas principais características son:[7]
- Corpo de configuración robusta de coloración gris azulada ou parda agrisada nas partes superiores, cunha banda lateral máis escura e unha lina gris clara o crema que bordea a parte superior de dita banda, coa garganta e o ventre de cor branca crema ou branca rosada.
- Aleta dirsal pequena e aletas pectorais moi pequenas, estreitas e rematadas en punta afiada. A aleta caudal ten unha fendedura ben marcada, e os lóbulos rematan en punta e teñen os bordos posteriores cóncavos. Todas as aletas son de cor gris.
- O bico é curto, pero ben definido.
Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da súa distribución. Parece ser máis común cerca do ecuador mo Pacífico oriental e no extremo meridional do estreito de Bohol (Filipinas), e relativamente escaso no océano Atlántico, onde só se coñece nas Antillas Menores e no golfo de México. Parece que pode desprazarse dunha parte a outra do océano Índico, pero só se dispón dalgunhas observacións nas costas do leste de Suráfrica Madagascar, Sri Lanka e Indonesia. Pero tamén aparece lonxe do ecuador, en zona tan afastadas como Taiwán e o Xapón, polo norte e, en número moi reducido, en Australia, polo sur. Poucas veces aparece en augas próximas á costa, excepto en torno ás illas oceánicas ou en zonas coa plataforma continental estreita.[7]
A UICN non dispón de datos suficientes para avaliar a tendencia das súas poboación, polo que en 2008 cualificou a súa situación como "LC" (sen datos suficientes).[8]
Comportamento
[editar | editar a fonte]A análise das presas capturadas suxire que Lagenodelphis hosei se mergulla até grandes profundidades, capturando o seu alimento (peixes, cefalópodos e crustáceos) a un mínimo de 250 a 500 m de profundidade. Ten un estilo de natación agresivo: cando sobe á superficie a respirar adoita abandonar as augas facendo unha gran cantidade de escuma. Sábese que pode saltar no aire, pero polo xeral non chama a atención nin é afeccionado a xogar.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lagenodelphis Fraser, 1956 en ITIS.
- ↑ Lagenodelphis hosei Fraser, 1956 en ITIS.
- ↑ BOE. relación de especies incluídas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e, se for o caso, no Catálogo español de especies ameazadas. Publicado o 23 de febreiro de 2011.
- ↑ Charles E. Hose (12 de outubro de 1863 - 14 de novembro de 1929) foi un administrador colonial británico, que era, ademais, zoólogo e etnólogo.
- ↑ Marshall, N. B. (1979): "Francis Charles Fraser. 16 June 1903-21 October 1978". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 25: 287–226.
- ↑ Fraser publicou a nove especie ese ano de 1956 en Sarawak Mus. J., n.s., 8 (7): 496.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Carwardine, M. (1995), pp. 208-209.
- ↑ Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K. A., Karkzmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y. , Wells, R. S. & Wilson, B. (asesores) (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Versión 2013.1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arroaz de Fraser |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arroaz de Fraser |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lagenodelphis holsei en ADW (en inglés) Contén informacións e imaxes da especie.
- Lagenodelphis holsei en Convention on Migratory Species (CMS) (en inglés) Contén abundante información e bibliografía.