Arturo Fernández (xornalista)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) As Nogais, España |
Educación | Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela Universidade Aberta de Cataluña |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Arturo Fernández Álvarez, coñecido como Arturo Fernández,[1] nado nas Nogais en 1982, é un xornalista galego de televisión.[2] A súa traxectoria desenvólvese na CRTVG onde traballa como redactor, guionista, presentador e director de formatos culturais e de entretemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo, en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Universidade Aberta de Cataluña.
Comezou de redactor en Antena 3 Televisión de Galicia no 2005 e xa nese ano comezou na TVG. Realizou múltiples traballos como guionista, director e presentador na TVG[3]. En 2006 foi cofundador de ADIANTO. Tecnología y turismo.
En 2005 comezou na TVG como redactor en prácticas de informativos e en 2006 dará o salto a programas destacando a súa experiencia no histórico programa Alalá de música tradicional, dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar G. Rego. Como guionista especializado na música tradicional galega, especializouse en retratos dos gaiteiros tradicionais como José O Ghaiteiro do Piñeiro, César Fernández ou José Marentes e en formacións históricas como Fuxan os Ventos ou A Roda. Despois de 6 anos, Alalá cesa as súas emisións e Arturo pasa a dirixir formatos de entretemento de prime time especializándose en musicais.
Traballos na TVG
[editar | editar a fonte]- Guionista de Alalá, 2006.
- Director do especial Bravo pola música, 2011.
- Director de Heicho cantar queridiña, 2013 con Lucía Pérez e Sergio Zerraeta.
- Presentador de No bico un cantar, 2013-2015.
- Director de Heicho contar, 2014, con Luís Iglesia.[4]
- Director de Xa somos artistas, 2014, con David Amor.[5]
- Guionista e director de Na nosa nube, 2014, con Silvia Jato.
- Coordinador de contidos e co-presentador de Aquí Portugal, da RTP e TVG.
- Director documental Galicia, aldea global, 2011-2015.
- Director do especial 30 anos de series na TVG, 2015.
- Director de Búscate nas festas. 30 anos de festas na TVG, 2015.
- Director de 60 anos da París de Noia, 2016.[6]
- Creador e director de Tesouros no faiado, 2017.
- Director de Sito o dos Miñancos, 2018.
- Coordinador e redactor de Vivir aquí, 2017-2018.
- Presentador e guionista de Inimitables 2018-2022.
- Presentador Especial Día da Lotaría 2019.
- Presentador de Badaladas Fin de Ano 2019, con X. R. Gayoso e Benedicta Sánchez
- Creador e director de A liga dos cantantes extraordinarios e A liga das familias extraordinarias 2019-2021.
- Presentador de Malicia Noticias 2019-2022.
- Presentador e codirector de Badaladas Fin de Ano 2021, con Noelia Rey e Teresa Portela.
- Presentador Especial Cabalgata de Reis 2022.
- Director e presentador de Treixa-Romería, 2022
- Presentador e director artístico de Fogos do Apóstolo Especial 24 de Xullo, 2022
- Presentador de Badaladas Fin de Ano 2022, con Noelia Rey e Paco Lodeiro.
- Co-presentador dos Premios Mestre Mateo 2023.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arturo Fernández". linkedin.
- ↑ "Arturo Fernández, detrás y delante". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Arturo Fernández". Arturo Fernández (en castelán). 2016-02-13. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Heicho cantar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "Xa somos artistas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ "París de Noia CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-03-15.
- ↑ García, Por Alicia Alonso (2023-03-08). "Coñece ás compañeiras que anunciarán as gañadoras dos XXI Mestre Mateo". Premios Mestre Mateo. Consultado o 2023-03-15.