As ninfeas
As ninfeas ('Les nymphéas') | |
---|---|
Artista | Claude Monet |
Data | 1920-1926 |
Técnica | óleo sobre tea (impresionismo) |
Dimensións | 219 cm × 602 cm |
Localización | Museo da Orangerie das Tullerías, París |
As ninfeas (en francés Les nymphéas) é un ciclo de aproximadamente dunhas trescentas pinturas realizadas en óleo que executou o pintor francés Claude Monet nas derradeiras décadas da súa vida, entre 1895 e 1926.[1] Estes lenzos exhíbense actualmente en numerosas pinacotecas de todo o mundo sobre amplos paneis, como o da ilustración, que mide 219 × 602 cm, e que se atopa no Museo da Orangerie das Tullerías, en París, Francia.
Estes inmensos paneis representan un encoro con ninfeas.
Monet pintounos para ficaren pendurados en círculo (dentro dun cuarto arredondado) de xeito que crean o efecto do transcorrer dun día ou o das catro estacións que se desvelan ante os ollos do espectador.
No Museo da Orangerie están pendurados en dúas habitacións ovais e suman oito pezas.
Esta serie de composicións cromáticas culminaron co conxunto monumental pintado para estes dous habitáculos da Orangerie de París. O 12 de abril de 1922 Monet doou ao estado francés 22 pinturas sobre este tema, que se realizaron entre 1920 e 1926.
Orixe da obra
[editar | editar a fonte]Os motivos fornecéronllos as ninfeas do encoro do seu xardín en Giverny. Un tempo antes da realización destas obras, en 1890, Monet mercara un eido nesa vila. Debido á súa afección pola cultura e a arte xaponesas, arranxou nel un xardín de estilo oriental;[2] construíu unha ponte xaponesa sobre dun encoro ateigado de ninfeas, coñecido coma o «xardín da auga». Dende entón e deica o final da súa vida pintou unha e outra vez estas plantas acuáticas. As ninfeas obtiveron un grande éxito en 1909 e Monet profundou no estudo desas plantas, con toda unha serie de cadros coma Ninfeas no crepúsculo (1910), que pode verse na Kunsthaus de Zürich. Este verxel serviríalle á vez de refuxio durante os seus derradeiros anos, nos que padeceu de cataratas, e de inspiración: o artista planeaba decorar unha habitación circular cunha serie de pinturas sobre as ninfeas [3].
A técnica
[editar | editar a fonte]Nesta serie de pinturas, Monet tenta representar os diferentes estados do seu xardín, cambiante coas horas do día e coas estacións. Tenta capturar o efecto da luz que incide sobre o estanque e sobre todo o que o arrodea. Os motivos da serie son a disposición das ninfeas na auga e os reflexos dos salgueiros.
O autor tenta plasmar o espazo atmosférico e o transcorrer do tempo, polo que os trazos son fluídos, sen límites determinados, eliminándose case por completo as formas. Emprega pinceladas moi soltas e cargadas, superpoñéndoas entre si, e traballa con tonalidades frías que contrastan coas cores máis cálidas das ninfeas.
Gallería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ninfeas, 1920-1926, Museo de l'Orangerie [4]
-
Encoro de ninfeas, c.1915-1926, Chichu Art Museum [5]
-
Ninfeas, 1917-1919, Honolulu Academy of Arts [7]
-
Encoro das ninfeas e salgueiro, 1916-1919, colección privada [8]
-
Ninfeas, 1908, Tokio Fuji Art Museum [11]
-
Ninfeas, 1908, Dallas Museum of Arts [12]
-
Ninfeas, 1907 The Museum of Fine Arts, Houston [13]
-
Ninfeas, 1906, Art Institute of Chicago [15]
-
Ninfeas, 1897-1899, Galleria Nazionale d'Arte Moderna [16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina web do Musée de l'Orangerie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web www.spanisharts.com". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web www.artehistoria.com". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web con listado de obras de Claude Monet". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web do Chichu Art Museum". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web da National Gallery de Londres". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web da Honolulu Academy of Arts". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web www.the-athenaeum.org". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ Páxina web do National Museum of Western Art de Tokio
- ↑ "Páxina web da Neue Pinakothek de Múnic". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ Páxina web do Fuji Art Museum de Tokio[Ligazón morta]
- ↑ Páxina web do Dallas Museum of Arts[Ligazón morta]
- ↑ "Páxina web do Museum of Fine Arts de Houston". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Páxina web do Bridgeston Museum of Art de Tokio". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ Páxina web do Art Institute de Chicago
- ↑ Páxina web da Galleria Nazionale d'Arte Moderna de Roma[Ligazón morta]