Museo de l'Orangerie
O Museo da Orangerie (en francés Musée de l'Orangerie) é unha galería de arte impresionista e postimpresionista localizada na Place de la Concorde en París.
Contén traballos de Paul Cézanne, Henri Matisse, Amedeo Modigliani, Claude Monet, Pablo Picasso, Pierre-Auguste Renoir, Henri Rousseau, Chaim Soutine, Alfred Sisley e Maurice Utrillo entre outros.
A galería está á beira do Sena, no antigo invernadoiro do Palacio das Tullerias nos Xardíns das Tullerias.
Historia
[editar | editar a fonte]Un ciclo de pinturas de Monet sobre ninfeas, coñecido como As ninfeas (Nymphéas) foi colocado na planta baixa da Orangerie en 1927. O museo acolleu a colección Walter-Guillaume de pintura impresionista desde 1965.
O museo fechou ao público dende finais de agosto de 1999 até maio de 2006. Durante varios meses antes de quedar fechado houbo unha exhibición especial das Ninfeas de Monet que estaban espalladas por museos de todo o mundo. Incluíronse máis de 60 das 250 pinturas que fixo das ninfeas do seu xardín. As paredes foron repintadas en tons púrpuras e violetas para esta exposición en particular. A Orangerie foi renovada para trasladar as pinturas ao segundo andar da galería. Agora están dispoñíbeis baixo unha luz difusa tal como inicialmente pretendera Monet. As oito pinturas amósanse en dúas habitacións.
Principais traballos de arte
[editar | editar a fonte]- Retrato da señora Cézanne (h. 1890)
- As ninfeas (Les nymphéas) (1895 - 1926)
- As nubes (1923-1926)
- Femme nue dans un paysage ("Muller espida nunha paisaxe") (1883)
- Jeunes filles au piano ("Mozas ao piano") (contra 1892)
- Baigneuse aux cheveux longs ("Bañista cos cabelos longos") (1895-1896)
- Yvonne et Christine Lerolle au piano ("Yvonne e Christine Lerolle ao piano") '(" (contra 1897-1898)
- Femme nue couchée (Gabrielle) ("Muller núa deitada") (1906-1907)
- Claude Renoir en clown (1909)
- Femme accoudée ("Muller inclinada") (1917-1919)
- La Carriole du Père Junier ("A zorra do Padre Junier") (1908)