Asociación Galega de Fútbol Gaélico
Deporte | Fútbol gaélico |
---|---|
Nome | Asociación Galega de Fútbol Gaélico |
Fundación | 9 de marzo de 2013 |
Ámbito | Europa |
Sede | Santiago de Compostela, Galicia |
Socios | 13 |
Presidente | Ángel Negrete |
Secretario | María Victoria Benavides |
Na rede | |
http://gaelicogalego.gal/ | |
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia. Foi constituída en 2013 polos clubs Fillos de Breogán da Coruña, Irmandinhos A Estrada e Mecos FG Ogrobe, aos que se foron unindo outros equipos.
Afiliada a Gaelic Athletic Association (GAA) e o Gaelic Games Europe (GGE) organiza a Liga Galega de Fútbol Gaélico, a Copa Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7. Tamén é a entidade da que depende a Selección de fútbol gaélico de Galicia. En xuño de 2017 asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva da Federación Galega de Fútbol.[1]
Na actualidade a Asociación Galega está inmersa no desenvolvemento do deporte de base a través do proxecto das Galescolas.
Equipos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Na tempada 2017/18 os equipos masculinos de Mecos, Pontevedra, O'Condado, UDC e os equipos femininos de Mecas e Bráithreachas non competiron por non teren fichas suficientes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Galega de Fútbol Gaélico no Facebook
- Páxina da GGE dos clubs en España Arquivado 30 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 07 de abril de 2018.