Saltar ao contido

Lorchos FG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lorchos FG
NomeGalicia Bealo Lorchos FG
Alcume(s)Lorchos
Fundación2023
EstadioBealo Park, A Lomba, Bealo
PresidenteGalicia Milucho
AdestradorGalicia Pablo Miragaya López
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico
PatrocinadorJJ Chicolino, CliniQSantiago
Na rede
Instagram: gb.lorchos Editar o valor en Wikidata
Titular

O Galicia Bealo Lorchos ou Lorchos Gaélicos do Barbanza, é un equipo de fútbol gaélico creado en 2023 en Boiro, que disputa a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2023/24, organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico e a Real Federación Galega de Fútbol.[1]

Cadro de xogadores

[editar | editar a fonte]

Temporada 2023/24

[editar | editar a fonte]

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Nome Foto
Pablo Miragaya López

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Dorsal Nome
1 José Antonio Chaves Mosquera "Chaves"
2 Marcelino Álvarez Gonzalez "Nino"
3 Alfonso Rodríguez Hermo "Black"
4 Santiago Rubén Dieste Sánchez
5 Mateo Boullón Fandiño
6 Francisco Javier Delgado Mariño
7 Samuel López Fraga "Piro"
8 Iker Calvo Gómez
9 Manuel Cespón Fungueiriño
10 Alejandro Sánchez Collazo "Cabuxa"
11 David Chaves Rodríguez "Junior"
12 Alejandro Fabeiro Vázquez
13 Juan Carlos García Boo
14 Julio Aller Acuña
15 Abel Romero Vidal
16 Manuel Núñez Nieto
18 José Ramón Agrelo Romero
19 Rubén Sánchez Collazo "Rubas"
20 Josué Mariño Places

Competicións

[editar | editar a fonte]

Torneo A Estrada 2023

[editar | editar a fonte]

O club comezou as súas andadas tras ser convidado a un torneo de Fútbol Gaélico Seven en A Estrada, onde os Lorchos mantiveron unha boa imaxe durante toda a competición a pesar de caer nos catro partidos disputados.

O equipo enfrontouse en fase de grupos a Irmandinhos (11-28), Keltoi (8-12) e Turonia (11-12). Ademais, disputou o terceiro e cuarto posto de novo contra Turonia (6-22).

Turonia - GB Lorchos

Triangular Amigable Poio 2023

[editar | editar a fonte]

O equipo foi de novo convidado a un torneo amigable en Poio onde se enfrontou ao Estrela Vermelha cun resultado de 0-6 para o equipo compostelán, e ao equipo local Lume de Beltane, caendo de novo por 26-4, dando por finalizado o torneo.

Lume de Beltane - Estrela Vermelha - GB Lorchos
Xornada 2

A competición regular comezou en Boiro para os Lorchos contra o Estrela Gaels, filial do Estrela Vermelha FG, tras descansar os boirenses na primeira xornada.

O partido disputouse no campo de Vistalegre, levándose a Compostela a vitoria o equipo visitante cun resultado de 17-27.

GB Lorchos - Estrela Gaels
Xornada 3

O equipo dos Lorchos recibiría ao decano da competición e actual campión, Fillos de Breogán, de novo no campo de Vistalegre. A vitoria decantaríase para o equipo coruñés cun avultado resultado de 8-48.

GB Lorchos - Fillos de Breogán
Xornada 4

Os Lorchos rematarían esta primeira quenda de partidos como local recibindo aos campións da anterior edición da Copa, o Keltoi, onde o club local volvería a caer cun resultado de 2-40.

GB Lorchos - Keltoi Vigo
Xornada 5

Os Lorchos visitan Poio no seu primeiro desprazamento na Liga regular, onde tras realizar un gran xogo que lles permitiu ir gañando gran parte do encontro, acabarían voltando de baleiro tras caer cun resultado de 24-20, ante o equipo amálgama formado por Independiente e Lume de Beltane.

Independiente de Beltane - GB lorchos
Xornada 7

Tras descansar na xornada anterior, os Lorchos desprázanse a Vigo para o crucial encontro ante Estibadores, filial do Keltoi GAC, buscando a primeira vitoria do campionato. Non puido ser, rematando 2023 cun resultado adverso de 23-15.

Keltoi Estibadores B - GB Lorchos

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]