A palabra latina asper significaba orixinalmente "áspero", aínda que foi ampliando gradualmente o seu significado cara a "fresco", "novo" ou "acabado de saír" (e, referíndose á prata, "branco").
De electro. Esta moeda equivalía ao valor dun terzo do hyperpyron de ouro, moeda introducida na mesma reforma monetaria de Aleixo I. Contaba con aproximadamente o 25 % de ouro e o 75 % de prata.[4]
Aspron trachy de billón de Aleixo I Comneno (1081-1118). Diámetro: 23 mm. Peso: 4,25 g.De billón. Paralelamente, emitiuse o aspro de billón, co valor da corentaeoitoava parte do hyperpyron, batida con só un 7 % de prata e que mesmo chegou a ser de cobre puro. O aspron de billón equivalía tamén a 18 unidades de tetarteron de cobre e a 36 nummi (unidades de nummus).[5][6]
A denominación de aspron reapareceu posteriormente nos séculos XIV e XV para se referir novamente de xeito xenérico á moeda de prata da época, en casos como o stavratonbizantino ou do akçe do Imperio Otomán. No século XV, o libro de contas do comerciante e Bancoveneciano Giacomo Badoer fai mención de varias cidades e gobernos que cuñaban moedas con esta denominación, como Trebizsonda, Caffa (en Crimea), Samsun e Rodas.[7]