Auguste Franchomme
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Auguste-Joseph Franchomme ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de abril de 1808 ![]() Lille, Francia ![]() |
Morte | 21 de xaneiro de 1884 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse ![]() |
Educación | Conservatorio de París Regional Conservatory of Lille (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | compositor, violoncellista ![]() |
Empregador | Conservatorio de París ![]() |
Profesores | Louis-Pierre Norblin (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Louise Haenel de Cronenthall (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Violoncello ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Auguste-Joseph Franchomme, nado o 10 de abril de 1808 en Lille (Francia) e finado o 21 de xaneiro de 1884), foi un violonchelista francés. Un contemporáneo caracterizou a súa execución do seguinte xeito: "Ton encantador, moita graza e expresión no xeito de cantar e rara pureza na afinación - isto é o que distingue a este artista." Por outra banda, se lle reprochou o feito de non tocar con suficiente ardor, mais foi unánime o eloxio do seu canto expresivo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Franchomme naceu en Lille (Francia) e iniciou os seus estudos de violonchelo no conservatorio da súa cidade natal con M. Mas e Pierre Baumann, e continuounos no Conservatorio de París con Jean Henri Levasseur e posteriormente con Louis Pierre Norblin. En 1825, durante o primeiro ano de estudos en París, Franchomme xa gañara o primeiro premio.
Comezou a súa carreira tocando con varias orquestras e foi designado violonchelo solista da Sainte-Chapelle en 1828. Xunto co violinista Jean-Delphin Alard (mestre de Pablo Sarasate) e o pianista Charles Hallé (creador da Hallé Symphony Orchestra), foi fundador e membro do Alard Quartet, co cal realizou numerosos concertos e que foi unha excepción dentro dos grupos de cámara porque estaba formado por músicos profesionais. Franchomme tamén foi membro fundador da Société des Concerts du Conservatoire.
Combinou durante varios anos a actividade concertística, sobre todo en París coa participación en orquestras como a Ópera de París, o Teatro Italiano, a Sociedade de Concertos, a Capella Real de París etc.
Franchomme emprendeu unha boa amizade con Felix Mendelssohn na súa última visita a París en 1831, e con Frédéric Chopin. En 1833, Chopin e Franchomme colaboraron na composición dun Grand Duo Concertant para piano e violonchelo, baseado en temas da ópera de Giacomo Meyerbeer Robert le diable. Franchomme tamén reescribiu as partes de violonchelo da Introduction et Polonaise Brillante Op. 3 de Chopin, e foi dedicatoria da Sonata para violonchelo Op. 65 de Chopin (na copia do chelista conservada na Biblioteca Nacional de Francia, unha nota advirte que a parte do violonchelo foi escrita por Franchomme ditada polo propio Chopin). Franchomme foi así mesmo dedicatoria da sonata para violonchelo de Charles-Valentin Alkan.
Coa excepción dunha viaxe a Inglaterra en 1856, Franchomme case non abandonou París, onde se converteu na figura central da vida musical da cidade. En 1843 adquiriu o Duport Stradivarius do fillo de Jean-Louis Duport pola suma récord de 22000 francos franceses. Tamén adquiriu o De Munck Stradivarius de 1730.
En 1846 sucedeu a Norblin como primeiro profesor de violonchelo no Conservatorio de París. Jules Delsart, Víctor Mirecki, Louis Hegyesi e Ernest Gillet están entre os seus alumnos.
O 16 de febreiro de 1848, pouco antes da revolución, Franchomme e Delfino Alard participaron nun concerto con Chopin no Salón Pleyel. No programa presentouse a Sonata para violonchelo de Chopin e un trío de Mozart. Aquel sería o último concerto de Chopin.
Participou con frecuencia nos concertos cos músicos rusos que chegaban a París. O 14 de abril de 1840, nun concerto co violinista Nikolay Dmitriev-Svetchin, Franchomme interpretou o seu Tema e Variacións. No concerto co novo Antón Rubinstein o 23 de maio de 1841 na Sala Pleyel, tocou a súa Fantasía. Tamén participou en cuartetos de corda.
Polas súas contribución á música, foi nomeado cabaleiro da Légion d'honneur o 21 de xaneiro de 1872[1]. Morreu en París o 21 de xaneiro de 1884.