Avespa asiática
Avespa asiática Vespa velutina | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Vespa velutina Lepeletier, 1836 |
A avespa asiática,[1][2] Vespa velutina, é unha especie de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase unha especie invasora en Galicia.
Existen numerosas subespecies de vespa velutina; unha delas é a Vespa velutina nigrithorax (Carpenter & Kojima, 1997),[3] descrita en 1905 por du Buysson de Darjeeling (India). Aclimatada de xeito natural a un medio de temperado a subtropical, esta subespecie[4] foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004[5][6]). Atópase na Asia continental ata o norte da India e nas montañas da China, zonas xeográficas nas que o clima é comparable ó de gran parte de Francia ou o norte de España, Galicia incluída, o que explicaría que fose posible a súa instalación e colonización de novos territorios en Europa.[3][7]
Características
[editar | editar a fonte]A Vespa velutina triplica en tamaño a abella europea, pois as mestras chegan a medir 40 mm, aínda que o resto dos individuos non pasan dos 30 mm. Distínguese da Vespa cabro en que esta ten o tórax vermello e o abdome negro e amarelo, mentres que o abdome da Vespa velutina é negro ou marrón cunha franxa caudal amarela e a cabeza negra coa fronte laranxa. Os extremos das súas patas tamén son amarelos. A Vespa velutina nigrithorax é depredadora da Apis mellifera, a abella doméstica, á que mata por decapitación para alimentar con ela as súas larvas. Tamén devoran as crías de abella dentro da colmea. Aniñan no alto das árbores en colonias de máis de mil individuos[8].
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie é orixinaria de Asia, Afganistán, India, península Indochina, China e as illas indonesias e de Hong Kong.[3]
En Europa detectouse a presenza da Vespa velutina nigrithorax tras a chegada dunha colonia nun barco mercante ó porto de Bordeos no ano 2005. A partir dese momento expandiuse por máis de 30 departamentos de Francia, con especial incidencia na rexión de Aquitania. En novembro de 2010 foi detectada a súa presenza en Guipúscoa[9][10]. En Galicia detectouse por vez primeira en Burela en 2012, espallándose despois por outras zonas costeiras principalmente. A principios de 2013 déronse avisos en Lobios (Ourense), As Neves, Ponteareas e Lira (en Pontevedra). Ameaza a supervivencia das poboacións de abellas, polo que a Xunta puxo en marcha un programa de eliminación[11].
Depredadores
[editar | editar a fonte]En Europa, o abázcaro europeo (Vespa crabro) ten depredadores como o picanzo vermello (Lanius collurio), o miñato abelleiro europeo (Pernis apivorus) e o abellaruco europeo (Merops apiaster), sendo por iso potenciais depredadores. Aves como a pega, e tamén as galiñas, poderían ser tamén depredadores da avespa asiática.
Defensa das abellas
[editar | editar a fonte]Na zona de orixe da Vespa velutina nigrithorax a abella máis común, a Apis cerana, desenvolveu un método de defensa consistente en agruparse arrodeando as avespas intrusas para elevar a temperatura do seu corpo ata matala[Cómpre referencia]. Estase a observar que as abellas europeas comezan a desenvolver a mesma estratexia de defensa que as súas compañeiras asiáticas: Cobren a avespa invasora, provocando unha subida de temperatura, ata os 45 °C. A avespa asiática (Vespa velutina), despois dalgúns minutos, morre de hipertermia (a abella soporta temperaturas superiores de ata 50 °C). É posible que esta adaptación varíe a velocidade de expansión das vespas[Cómpre referencia].
En Galiza desenvolveuse un dispositivo eléctrico (arpa eléctrica) capaz de electrocutar ás velutinas respectando as abellas. Este arpa desprega fios paralelos, que alternan a corrente positiva e negativa, a unha distancia na que as velutinas, máis grandes, tocan nos dous fios e son electrocutadas.[12]
Perigosidade para o ser humano
[editar | editar a fonte]A avespa asiática (Vespa velutina), ao igual que o abázcaro europeo (Vespa crabro), pode inocular o seu veleno ao ser humano. Segundo os datos recompilados en Europa, a avespa asiática non representa máis perigo que o seu parente europeo. Este último prefire a fuxida antes que o ataque. Non se denunciaron aumentos de picaduras nas zonas onde se estableceu a avespa asiática. Só se denunciou un caso de envelenamento grave, despois de 12 picaduras cefálicas de Vespa velutina. Os casos de ataques denunciados ocorreron case sempre na proximidade do niño. O perigo para o ser humano preséntase en caso de picadas múltiples, picada única en mucosa (tecido que recobre as superficies internas do corpo) ou en persoas que padezan alerxia ao veleno de himenóptero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hospitalizado por picaduras da avespa asiática". CRTVG. 08 de outubro 10 de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "A avespa asiática chega tamén á provincia de Ourense". CRTVG. 22 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Muséum national d'histoire naturelle (ed.). "Biologie du frelon asiatique Vespa velutina". Consultado o 10 agosto 2015.(en francés).
- ↑ Le traité rustica de l’apiculture, rustica éditions, 2011, ISBN 978-2-8153-0157-2, p.112.
- ↑ Jean Haxaire, Jean-Pierre Bouguet et Jean-Philippe Tamisier (2006). « Vespa velutina Lepeletier, 1836, une redoutable nouveauté pour la faune de France (Hym., Vespidae) », Bulletin de la Société entomologique de France, 111(2):194.
- ↑ Claire Villemant, Jean Haxaire, Jean-Claude Streito (2006). Premier bilan de l’invasion de Vespa velutina lepeletier en France (Hymenoptera, Vespidae), Bulletin de la Société entomologique de France, 111(4):535.
- ↑ Villemant, C., Barbet-Massin, M., Perrard, A., Muller, F., Gargominy, O., Jiguet, F., Rome, Q., 2011. Predicting the invasion risk by the alien bee-hawking yellow-legged hornet Vespa velutina nigrithorax across Europe and other continents with niche models. Biological Conservation 144, 2142–2150.
- ↑ LOMBARDERO, X. (29/11/2010). La Voz de Galicia, ed. "La llegada del avispón asiático pone en alerta a los apicultores gallegos". Consultado o 22 de decembro de 2010. (en castelán).
- ↑ Gara, ed. (18/11/2010). "Hallan una especie de avispa dañina para las abejas". Arquivado dende o orixinal o 17/10/2019. Consultado o 22/12/2010. (en castelán)
- ↑ ABC, ed. (22 de novembro de 2010). "Detectan por primera vez en España una avispa asiática que devora abejas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2010.
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/18/expertos-afirman-avispa-asiatica-comun-agresivas/0003_201408G18P6994.htm Artigo en La Voz de Galicia
- ↑ Eirexas, David Glez (2017-06-06). "Apicultores galegos perfeccionan a arpa eléctrica como método eficaz para loitar contra a Avispa Asiática". Campo Galego. Consultado o 2021-01-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avespa asiática |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Avespa asiática |