Axelmundo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Morte | século IV |
Relixión | Paganismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca, monarca |
Outro | |
Título | Rei dos longobardos |
Fillos | Gudinger (?), Tochter (?), Lamissio, foster child |
Pai | Aio |
Axelmundo (ou Axilmundo) foi o primeiro soberano histórico dos longobardos. Reinou entre finais do século IV e o inicio do V.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Axelmundo é o primeiro rei histórico, despois dos míticos irmáns Ibor e Aio, transmitido pola tradición longobarda, transmitida na Origo gentis Langobardorum. Convértese en soberano a finais do século IV, cano o seu pobo se estableceu no Nórico (a actual Baixa Austria) tras unha migración plurisecular e reinou, sempre segundo o mito, trinta e tres anos.
Pertencente á liñaxe dos Gugingos, Axelmundo é considerado na tradición posterior como fillo do mítico Aio, personificando a continuidade do pobo e dos seus xefes. A súa subida ao trono significou o desenvolvemento dunha forte institución monárquica entre os longobardos, sen que esta anulase, porén, a autonomía dos varios duques.
Cóntase que Axelmundo guiara aos longobardos no seu encontro contra os hunos, chamados polas fontes longobardas bulgari; probabelmente saíu mal parado, xa que caeu na batalla e a súa filla foi convertida en escrava. O mito fai mención tamén dun encontro coas amazonas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Moano 1992). I, 14.
- Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 2.
- Jörg Jarnut. Storia dei Longobardi. Torino, Einaudi, 2002. ISBN 8846440854
- Sergio Rovagnati, I Longobardi (Moano, Xenia 2003)
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: |
Axelmundo | Precede a: Lamissio |