Báscones de Ojeda
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Palencia ![]() | |||
Capital | Báscones de Ojeda ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 134 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18 km² ![]() | |||
Altitude | 963 m ![]() | |||
Santo padrón | Bertomeu ![]() | |||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | José María Bravo Martín ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 34407 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 34028 ![]() | |||
Sitio web | basconesdeojeda.dip-palencia.es ![]() |
Báscones de Ojeda é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 165 habitantes (INE 2012).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello pertence á comarca de Boedo-Ojeda e está situado na parte alta do río Boedo, que divide a vila en dous barrios. Ten unha poboación de 174 habitantes (en 2009).
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 |
279 | 326 | 368 | 400 | 413 | 467 | 475 | 390 | 245 | 198 |
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe da vila está relacionada coa primeira das repoboacións destas terras na Alta Idade Media por xente do norte, probablemente navarros ou guipuzcoanos (vascones), de onde ven o nome. A vila pertenceu ao Mosteiro de San Andrés de Arroyo e ao duque de Frías.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Bartolomé: Templo dunha soa nave destacando no seu interior unha pila bautismal do século XVI.
- Muíños de Linaza: De estrutura tradicional, a súa orixe remóntase ao século X. Reformados recentemente.
- Museo da madeira
- Museo de instrumentos antigos
Festividades
[editar | editar a fonte]As festas patronais son as de San Bartolomé, o 24 e 25 de agosto. Tamén se conmemora á Virxe do Boedo a terceira fin de semana de agosto, realizándose un mercado artesanal, medio maratón, maratón e máis carreiras (de bici e para os máis pequenos).