Pino del Río
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Palencia | |||
Capital | Pino del Río | |||
Poboación | ||||
Poboación | 162 (2023) (3,12 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 52 km² | |||
Altitude | 990 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Pedro | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Miguel Martín Novoa | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 34110 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 34129 | |||
Páxina web | pinodelrio.dip-palencia.es |
Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).
Historia
[editar | editar a fonte]Idade antiga
[editar | editar a fonte]Na localidade atopáronse restos de épocas romana e visigoda.
Fundación
[editar | editar a fonte]A fundación da propia localidade situaríase nos mediados do século IX ou os comezos do seguinte, xa que foi nese tempo cando se repobou a zona das ribeiras do río Carrión.
Toponimia
[editar | editar a fonte]No Becerro de las Presentaciones de León, que data dos séculos XIII-XVI, aparece Pinno (do latín pinnus), que designaría aos piñeiros, que noutrora puideron abundar na zona. A segunda parte do topónimo ven claramente do río Carrión.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello sitúase na comarca de Vega-Valdavia, sita ao oeste da provincia de Palencia. Está atravesado de norte a sur polo río Carrión. A capital do concello está a 990 msnm. A principal estrada é a CL-615, que a comunica as localidades de Palencia e Riaño.
Distancias ás principais localidades:
Localidade | Distancia (km) |
---|---|
Saldaña (PA) | 18 |
Guardo (PA) | 19 |
Riaño (LE) | 55 |
Palencia (PA) | 81 |
Valladolid (VA) | 145 |
Demografía
[editar | editar a fonte]Hoxe no municipio viven 211 persoas (INE 2011) pero en 1950 eran 669 e en 1900 eran 592; polo que a poboación descendeu moito.
Goberno
[editar | editar a fonte]O alcalde de Pino del Río é José Miguel Martín Novoa, do PP. Nas eleccións municipais de 2011, o resultado foi o seguinte:
Partido | Votos | Porcentaxe de voto | Escanos |
---|---|---|---|
PP | 88 | 54,66% | 4 |
AIR | 39 | 24,22% | 1 |
PSOE | 18 | 11,18% | 0 |